![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Poster_-_World_Cup_1950.jpg/640px-Poster_-_World_Cup_1950.jpg&w=640&q=50)
Mundial de Fútbol de 1950
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1950 foi a cuarta edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. Celebrouse no Brasil, após un parón de doce anos por mor da segunda guerra mundial, entre o 24 de xuño e o 16 de xullo de 1950. En homenaxe aos vinte e cinco anos de presidencia de Jules Rimet da FIFA, o trofeo do campionato foi bautizado co nome de "Copa Jules Rimet". Nesta edición estaba programada a participación de dezaseis seleccións, mais debido a varios abandonos tan só participaron trece: seis europeas e sete americanas. Entre os participantes destacou o retorno do Uruguai, ausente nas dúas edicións precedentes, e o debut de Inglaterra despois de que as federacións británicas reingresasen na FIFA.
![]() ![]() | |
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol ![]() |
---|---|
Organizador | FIFA ![]() |
Composto por | |
Número de participantes | 13 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio Adelmar da Costa Carvalho (pt) ![]() Estádio dos Eucaliptos (pt) ![]() Estádio Durival Britto e Silva (pt) ![]() Estádio do Pacaembu (Consolação (pt) ![]() Estádio do Maracanã (Maracanã) Estádio Raimundo Sampaio (pt) ![]() ![]() |
País | Brasil ![]() |
Intervalo de tempo | 24 de xuño de 1950 – 16 de xullo de 1950 ![]() |
Número de edición | 4 (1950) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Uruguai (2º) ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 22 ![]() |
Goles | 88 ![]() |
Máis goles marcados | Ademir de Menezes↔ Brasil (8) ![]() |
Número de espectadores | 1.043.500 ![]() |
Esta edición contou cun formato de catro grupos, onde os equipos xogaban todos contra todos nun sistema de liga. A novidade foi a fase final, sendo esta a única edición do torneo onde non se disputou unha final. Así, os campións de cada un dos catro grupos, o Brasil, España, Suecia e o Uruguai, tiveron que disputar outra fase de liga de todos contra todos. É especialmente lembrado nesta edición o encontro decisivo polo campionato disputado entre o Uruguai e o Brasil, máis coñecido como o "Maracanaço".[1] Aos brasileiros chegaballes o empate, mentres que aos seus rivais só lles valía gañar. Ante case 200.000 espectadores, os tantos de Schiaffino e Ghiggia deron ao Uruguai o seu segundo título de campión.