Mundial de Fútbol de 1954
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1954 foi a quinta edición da máxima competición de seleccións de fútbol a nivel mundial, organizada pola FIFA. Tivo lugar en Suíza entre os días 16 de xuño e 4 de xullo de 1954 e foi o primeiro mundial onde se transmitiron partidos por televisión. A selección de Hungría era o equipo favorito, tras catro anos sen coñecer a derrota. Tralos primeiros partidos onde golearon a Corea do Sur por 9 a 0 e a Alemaña do Oeste por 8 a 3, dábase por feito que os maxiares gañarían o trofeo sen moito esforzo. Dirixidos por Gusztáv Sebes, contaba entre os seus xogadores coas estrelas Puskás, Kocsis, Czibor e Hidegkuti. Incomprensiblemente na final disputada no estadio Wankdorf perderon contra Alemaña do Oeste por 3 a 2, despois de ir gañando por 2 a 0 no descanso, nun partido que pasou á historia co alcume de "Milagre de Berna". Entre as razóns desta derrota hai unha que destaca: Puskás xogou este encontro co nocello mancado. Aínda así marcou un gol que sería anulado por un dubidoso fóra de xogo. Aínda que non hai probas, foi moi comentada a esaxerada forma física coa que os xermanos xogaron este encontro, erguendo sospeitas de dopaxe. O máximo anotador do torneo foi o húngaro Kocsis con 11 tantos.
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol ![]() |
---|---|
Organizador | FIFA ![]() |
Composto por | |
Número de participantes | 16 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | St. Jakob Stadium (en) ![]() Estádio Hardturm (pt) ![]() Estadio Wankdorf (Berna) Stade Olympique de la Pontaise (Vaud) Charmilles Stadium (en) ![]() Cornaredo Stadium (en) ![]() ![]() |
País | Suíza ![]() |
Intervalo de tempo | 16 de xuño de 1954 – 4 de xullo de 1954 ![]() |
Número de edición | 5 (1954) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Alemaña ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 26 ![]() |
Goles | 140 ![]() |
Máis goles marcados | Sándor Kocsis↔ Hungría (11) ![]() |
Número de espectadores | 889.500 ![]() |