![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Adenocarcinoma_on_pap_test_1.jpg/640px-Adenocarcinoma_on_pap_test_1.jpg&w=640&q=50)
Mucina
From Wikipedia, the free encyclopedia
As mucinas son unha familia de proteínas de alto peso molecular e moi glicosiladas (glicoproteínas) producidas polas células dos tecidos epiteliais da maioría dos metazoos, que son a parte principal das secrecións mucosas.[1] A principal característica das mucinas é a súa capacidade para formar xeles, polo que son un compoñente chave na maioría das secrecións con textura xelatinosa ou mucosa, cumprindo funcións que van desde a lubricación á sinalización celular pasando pola formación de barreiras físicas e químicas onde con frecuencia xogan un papel inhibitorio.[1] Algunhas mucinas están relacionadas co control da mineralización de tecidos, como por exemplo na formación do nácar en moluscos,[2] a calcificación en equinodermos [3] e a formación de óso en vertebrados.[4] Estas proteínas cumpren tamén unha función no sistema inmune atrapando organismos patóxenos. A sobreexpresión de mucinas, en especial da MUC1 está asociada a moitos tipos de cancro.[5]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Adenocarcinoma_on_pap_test_1.jpg/640px-Adenocarcinoma_on_pap_test_1.jpg)
A pesar de que moitas mucinas están unidas á membrana plasmática debido a que posúen un dominio hidrofóbico que favorece a súa retención na membrana plasmática, a maior parte das mucinas son segregadas na superficie das mucosas ou formando parte de fluídos biolóxicos tales como a saliva.