![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Structural_coverage_of_the_human_cyclophilin_family.png/640px-Structural_coverage_of_the_human_cyclophilin_family.png&w=640&q=50)
Familia de proteínas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha familia de proteínas é un grupo de proteínas relacionadas evolutivamente con estruturas, funcións e secuencias parecidas. En moitos casos unha familia de proteínas ten unha familia de xenes correspondente, na cal cada xene codifica a súa proteína cunha relación de 1:1.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Structural_coverage_of_the_human_cyclophilin_family.png/640px-Structural_coverage_of_the_human_cyclophilin_family.png)
As proteínas dunha mesma familia descenden dun antepasado común (ver homoloxía) e tipicamente teñen unhas estruturas tridimensionais e funcións similares, e unha semellanza de secuencia significativa. A máis importante destas semellanzas é a semellanza de secuencia (xeralmente na secuencia de aminoácidos), xa que é o indicador máis estrito de homoloxía e, por tanto, o indicador máis claro de que hai un antepasado común. Existe un conxunto de ferramentas bastante desenvolvido para avaliar a importancia da semellanza entre un grupo de secuencias usando os métodos de aliñamento de secuencias. As proteínas que non comparten un devanceiro común é moi improbable que mostren unha semellanza de secuencia estatisticamente significativa, o que fai que o aliñamento de secuencias sexa unha ferramenta poderosa para identificar os membros das familias proteicas.
As familias son ás veces agrupadas en clados máis grandes chamados superfamilias baseándose en semellanzas estruturais ou de mecanismo de acción, mesmo cando non hai unha homoloxía de secuencia identificable.
Actualmente, definíronse unhas 60.000 familias proteicas,[1] aínda que a ambigüidade na definición de familia proteica (ata onde debe chegar a "semellanza"?) leva a que diferentes investigadores ofrezan cifras moi distintas.