Mosè in Egitto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mosè in Egitto (en galego, Moisés en Exipto) é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola, baseado nunha obra de Francesco Ringhieri, L'Osiride, de 1760.[1] Foi estreada o 5 de marzo de 1818 no recentemente reconstruído Teatro San Carlo de Nápoles.
Forma | Azione sacro-tragica |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Andrea Leone Tottola |
Fontes literarias | Francesco Ringhieri: L’Osiride (1747) |
Estrea | 5 de marzo de 1818 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdida |
Personaxes | |
Mosè in Egitto é considerada unha azione tragico-sacra, o drama sagrado con algúns trazos do oratorio permitiu eludir proscripcións de interpretacións dramáticas seculares durante a Coresma. Rossini revisou a ópera para Nápoles en 1819, cando introduciu a aria de oración de Moisés "Dal tuo stellato soglio", que se converteu nunha das pezas de ópera máis populares da época, inspirou unha serie de variacións para violín e piano a Niccolò Paganini, e sobrevive en forma de concerto. Rossini ampliou a obra en 1827, desta vez cun libreto en francés: Moïse et Pharaon, ou Le passage de la Mer Rouge (en galego Moisés e o Faraón, ou O cruce do Mar Vermello), en catro actos e cun ballet, que foi estreada en París o 26 de marzo dese mesmo ano.
Esta ópera rara vez é representada na actualidade, nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 5 representacións no período 2005-2010.