Arón[1], ás veces tamén Aarón[1] ou Aharón[1], (hebreo: אהרן), foi un personaxe bíblico.

Arón e Moisés perante o faraón, 1537.

Traxectoria

Nado en Exipto, era o fillo máis vello de Amram e Ioquébed e irmán máis vello de Moisés. Casou con Elixeba, con quen tivo catro fillos: Nadab, Abihú, Itamar e Elazar. Segundo a tradición foi o primeiro Gran Sacerdote (levita) de Israel por elección divina xunto cos seus fillos. Actuou como voceiro de Moisés, por ser de verba fácil, aínda que mentres Moisés recibía as Táboas da Lei, Aharón fabricou o becerro de ouro a petición do pobo hebreo.

Morreu na Montaña de Deus (Horeb) á idade de 123 anos (Éx. 4:27), sen chegar á Terra prometida.

No Corán aparece baixo a forma de Harún.

Véxase tamén

Bibliografía

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.