Moeda de 200 liras italianas
antiga moeda italiana de curso legal / From Wikipedia, the free encyclopedia
A moeda de 200 liras italianas foi cuñada polo Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato, a ceca pública de Roma, desde 1977 a 2001, cando a lira italiana foi substituída polo euro.
Máis información Serie ordinaria das 200 liras italianas ...
Serie ordinaria das 200 liras italianas [1][2] | |
---|---|
A/: Cabeza feminina cara á dereita. Marca de gravador no exergo.
Lenda: REPVBBLICA ITALIANA |
R/: Valor facial dentro dunha engrenaxe. Marca de ceca (R). Data no exergo.
Lendas: 200 LIRE |
|
Pechar
Paralelamente á súa emisión ordinaria, a partir de 1980 fóronse pondo tamén en circulación versións conmemorativas desta moeda, con idénticas características métricas mais con deseños específicos.
A aliaxe coa que se cuñou esta moeda, coñecida polo acrónimo bronzital (de bronzo italiano), está composta por un 92 % de cobre, un 6 % de aluminio e un 2 % de níquel.[2]