Metais e aliaxes de cuñaxe
metais utilizados na cuñaxe de moeda / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os metais de cuñaxe abranguen os elementos químicos metálicos que se foron utilizando historicamente como materiais únicos ou como compoñentes en aliaxes na fabricación de moedas.[1][2]
- A expresión "metais de cuñaxe" pódese referir tamén aos elementos do grupo 11.
Esta serie de elementos non está pechada, xa que hai determinados metais que hoxe se utilizan exclusivamente para moedas "de demostración" e que nalgún momento poderían chegar tamén a ser a base de emisións de moedas de curso legal (por exemplo, o circonio).[3][4][5]
En xeral, debido aos problemas que se orixinan cando metais de cuñaxe posúen un elevado valor intrínseco, no século XXI téndese a utilizar para a cuñaxe os metais máis comúns e menos custosos.