From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos mixófagos (Myxophaga) é a segunda suborde máis pequena dos insectos coleópteros (escaravellos) despois de Archostemata, e consta dunha 65 especies de pequenos ou diminutos escaravellos, clasificados en catro familias. Os membros desta suborde son acuáticos ou semiacuáticos e aliméntanse de algas.
Mixófagos Rango fósil: Carniense-Recente | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Delevea kurosawai (Torridincolidae) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Hydroscaphidae |
As características diagnósticas de Myxophaga son: as antenas son máis ou menos claramente de tipo maza e normalmente con menos de nove segmentos, as cavidades mesocoxais están abertas lateralmente e beireadas por un mesepímero e metanepisterno, as ás traseiras están enroladas apicalmente na posición de repouso. Internamente caracterízanse pola presenza de seis túbulos de Malpighio e os testículos son tubulares e enrolados.[1]
Os escaravellos desta suborde están adaptados a alimentarse de algas. As súas pezas bucais carecen de galeas e teñen un dente móbil na súa mandíbula esquerda.[2]
Na suborde Myxophaga hai catro familias con representantes vivos divididas en dúas superfamilias,[3] que conteñen unhas 65 especies descritas,[4] e polo menos unha familia extinguida (simbolizado por †).
Superfamilia Lepiceroidea Hinton, 1936
Superfamilia Sphaeriusoidea Erichson, 1845
Familia †Triamyxidae Qvarnström et al. 2021
Non situadas en familias
Os membros vivos de Lepiceridae están confinados no norte de Suramérica e América Central. Os Sphaeriusidae viven en todos os continentes excepto a Antártida, mentres que os Hydroscaphidae viven en todos os continentes menos Australia e Antártida. Os Torridincolidae poden atoparse en África, Asia e Suramérica.[5]
Sábese pouco do rexistro fósil dos Myxophaga. Os fósiles do inicio do Cretáceo tardío (Cenomaniano) atopados en ámbar birmano de Myanmar, foron asignados ao xénero hoxe existente Lepicerus e ao xénero extinguido Lepiceratus dentro de Lepiceridae,[6][7][8] así como Burmasporum, que pertencen a Sphaerusidae.[9] Non se describiron fósiles de impresión de escaravellos mixófagos ata 2012, probablemente debido ao seu pequeno tamaño corporal e hábitat especializado.[10] Un espécime fósil asignado ao xénero vivo Hydroscapha de Hydroscaphidae, foi descrito en 2012 procedente da formación Yixian na biota Jehol, e data do Cretáceo temperá (Aptiano).[10] En 2019, Leehermania do Triásico tardío (Noriano) da formación Cow Branch de Carolina do Norte, que fora interpretada previamente como o estafilínido máis antigo coñecido, foi reinterpretada como un parente que diverxiu temperanmente da familia Hydroscaphidae, o que a converte no mixófago máis antigo coñecido.[11] En 2021, describíronse numerosos espécimes dun novo mixófago procedentes dun coprólito atopado en sedimentos polacos do Triásico tardío (Carniano). O novo taxón Triamyxa, foi situado na súa propia familia monotípica, Triamyxidae, e resolveuse como o mixófago máis basal ou un taxon irmán de Hydroscaphidae.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.