directora de cinema india From Wikipedia, the free encyclopedia
Mira Nair, nada en Rourkela (Odisha) o 15 de outubro de 1957 é unha cineasta india establecida en Nova York.[1] A súa produtora, Mirabai Films, está especializada en filmes para o público internacional sobre a sociedade india, no ámbito económico, social ou cultural. Entre os filmes máis coñecidos están Mississippi Masala, Kama Sutra: A Tale of Love, The Namesake, o gañador do León de Ouro Monsoon Wedding e Salaam Bombay!, que recibiu candidaturas aos premios da BAFTA e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1957 (66 anos) Rourkela (India) |
Residencia | Nova York |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade Harvard Universidade de Delhi Miranda House (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, guionista, realizadora, produtora, directora de cinema, produtor |
Período de actividade | 1979 - |
Empregador | Universidade de Columbia |
Participou en | |
1988 | 1988 Cannes Film Festival (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mahmood Mamdani (1991–) Mitch Epstein (–1987) |
Fillos | Zohran Kwame Mamdani () Mahmood Mamdani |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, African Film Festival, Inc. (en) , Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) |
|
Nair naceu en 1957 en Rourkela, e creceu cos seus pais e os seus dous irmáns máis vellos en Bhubaneswar, Odisha.[2] O seu pai, Amrit Nair, é administrativo e a súa nai, Parveen Nayyar, traballadora social que adoita traballar con nenos.[3] Aos once anos, Nair e a súa familia mudáronse a Delhi debido a un cambio de posto do seu pai. Aos trece deixou o seu fogar para asistir ao Loreto Convent Tara Hall, escola misioneira irlandesa católica situada en Shimla, onde desenvolveu unha paixón pola literatura inglesa. Despois de Tara Hall, continuou os seus estudos na Universidade de Delhi, onde se licenciou en socioloxía. Para ampliar a súa educación, Nair solicitou o ingreso en escolas occidentais e aos dezanove anos ofrecéronlle unha bolsa completa na Universidade de Cambridge, mais finalmente rexeitouna e no seu lugar aceptou unha bolsa completa na Universidade Harvard.[4]
Antes de converterse en cineasta, Nair estaba interesada na interpretación, e nun momento actuou en obras escritas polo bengalí Badal Sarkar. Mentres estudaba en Harvard, involucrouse no programa de teatro e gañou un premio Boylston Prize pola súa interpretación da discurso de Iocasta en Oedipus, de Séneca.[2]
No comezo da súa carreira como directora, Nair realizou documentais en que exploraba a tradición cultural india. Para o seu filme de tese en Harvard entre 1978 e 1979 produciu un filme en branco e negro titulado Jama Masjid Street Journal. No filme, de dezaoito minutos percorre as rúas da vella Delhi e ten conversas casuais con xente do lugar.[4]
En 1983 coa súa amiga Sooni Taraporevala, Nair coescribiu Salaam Bombay!. Empregando a súa técnica de documentais e experiencia interpretativa, procurou auténticos nenos da rúa ao retrato das vidas duns rapaces que sobreviven nas rúas e son privados dunha infancia real.[2] Aínda que o filme non foi un éxito, gañou vinte e tres premios internacionais, incluída a Camera D’or e o Prix du Public no Festival de Cannes de 1988. Salaam Bombay! foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 1989.[5]
En 1977, Nair coñeceu o seu primeiro esposo, Mitch Epstein, cando tomaba clases de fotografía na Universidade Harvard.[2] Divorciáronse en 1987, e en 1988 coñeceu o seu segundo marido, Mahmood Mamdani, mentres facía investigacións en Uganda para o filme Mississippi Masala. O seu fillo Zohran naceu en 1991. Como a súa esposa, Mamdani tamén da clases na universidade de Columbia.[3]
Nair foi unha entusiasta do ioga durante décadas. Cando fai un filme, o equipo comeza o día cunha sesión de ioga.[6]
En xullo de 2003, Nair declinou a invitación ao Festival Internacional de Cinema de Haifa como "invitada de honra" para protestar polas políticas de Israel cara a Palestina. En publicacións na súa conta de Twitter, Nair afirmou "irei a Israel cando os muros caian. Irei a Israel cando a ocupación pase... Irei a Israel cando o estado non privilexie unha relixión sobre outra. Irei a Israel cando o Apartheid acabe. Irei a Israel, pronto. Eu apoio a Palestina polo boicot académico e cultural a Israel (PACBI) e o movemento máis grande Boicot, Desinvestimento, Sancións.[7] Nair foi posteriormente eloxiada pola PACBI, que indicou que a súa decisión de boicotear Israel "axuda á destacar a loita contra o colonialismo e o apartheid".[8] A continuación chiou "Irei a Israel, pronto".[9][10][11][12][13][14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.