From Wikipedia, the free encyclopedia
Miqueas foi un profeta de orixe campesiña de finais do século VIII a. C., proveniente de Mórexet,[1] unha pequena aldea da fértil chaira de Shfelat a uns 30 quilómetros ao suroeste de Xerusalén. Foi autor do libro da Biblia que leva o seu nome.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 740 a. C. |
Morte | 670 a. C. (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | Profeta |
Profesores | Isaías |
Alumnos | Ashe |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de decembro (Católico romano) 27 de agosto (Cristianismo ortodoxo) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
En lingua hebrea, o seu nome מִיכָה, Mika ou Miyá ou Michá, significa ‘quen como Yahveh?’.[2][3]
O seu labor cumpriuse en tempos dos reis Jotán de Xudá, Acaz e Ezequías e foi contemporáneo dos profetas Isaías, Oseas e Amós. Demostrou un gran celo polo pacto con Yahveh e considerou que a infidelidade ao amor de Deus faise sentir na explotación do próximo. Amou ao seu pobo campesiño e pastoril e viu nel o interese de Yahveh. Denunciou os ricos e poderosos e os sacerdotes e falsos profetas que actuaban para conseguir poder e privilexios. Rexeitou o abuso dos aristócratas de Xerusalén contra a maioría do pobo campesiño e a instrumentalización da relixión para ocultar as inxustizas sociais.[4]
A predicación de Miqueas foi de tal alcance que influíu para que Ezequías tentase algunhas reformas en Xudá.[5]
Especial significado e valor representa o versículo Miqueas 5:1[6] citado expresamente no Evanxeo de Mateu[7] como profecía do lugar do nacemento do Mesías, Belén de Xudá.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.