Milton Nascimento
From Wikipedia, the free encyclopedia
Milton do Nascimento (Río de Xaneiro, 26 de outubro de 1942), alcumado "Bituca", é un cantante e compositor brasileiro recoñecido mundialmente como un dos máis influentes e talentosos cantantes e compositores da Música Popular Brasileira.[1] Mineiro de corazón, tornouse coñecido nacionalmente, cando a canción "Travessia", composta por el e Fernando Brant, ocupou a segunda posición no Festival Internacional da canção, de 1967. Versionaron as súas cancións, nomes como: Wayne Shorter, Pat Metheny, Björk, Peter Gabriel, Sarah Vaughan, Chico Buarque, Gal Costa, Caetano Veloso, Gilberto Gil, Fafá de Belén, Simone e Elis Regina. Recibiu 5 premios Grammy. En 1998, gañou o Grammy de Best World Music Album en 1997. Milton actuou na América do Sur, América, Europa, Asia e África.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1942 (81 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Grupo étnico | Afro-brasileiro(a) (pt) e negro (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantante , artista discográfico , pianista , guitarrista , compositor , músico |
Período de actividade | 1962 - |
Xénero artístico | Música popular brasileira e música rock |
Lingua | Lingua portuguesa e portugués do Brasil |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra, voz e violoncello |
Selo discográfico | Blue Note Far Out Recordings (pt) Warner Bros. Records Warner Music Group |
Premios | |
Páxina web | miltonnascimento.com.br |
|
Até agora, Milton Nascimento gravou 34 álbums. Cantou con ducias de artistas, incluíndo Maria Bethânia, Elis Regina, Gal Costa, Jorge Ben Jor, Caetano Veloso, Simone, Chico Buarque, Clementina de Jesus, Gilberto Gil, Lô Borges, Beto Guedes, Paul Simon, Criolo, Angra, Peter Gabriel, Duran Duran (con quen coescribiu e gravou "Breath After Breath", de 1993)[2], Herbie Hancock, Quincy Jones.