From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Buarque de Hollanda, máis coñecido como Chico Buarque, nado no Río de Xaneiro o 19 de xuño de 1944, é un poeta, músico, compositor, dramaturgo e novelista brasileiro. Foi Premio Camões en 2019.[1]
Naceu no seo dunha familia intelectual. O seu avó Cristóvão Buarque de Hollanda foi fundador da Escola de Farmácia da Universidade de São Paulo; o pai, Sérgio Buarque de Hollanda, foi un coñecido historiador e sociólogo, a súa nai María Amélia Buarque de Hollanda, finada aos 100 anos en 2010, foi unha intelectual, colaboradora en obras de seu pai, ademais de pianista, e neta de Cesário Alvim. Chico Buarque ten seis irmáns, entre eles as artistas Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque. Ao contrario da crenza popular, o lexicógrafo Aurélio Buarque d'Hollanda era só un familiar arredado da familia paterna do Chico.[2]
O neno Chico era estudoso, cun interese temperán pola música e a escritura. Desde pequeno fiicou impresionado pola música, especialmente pola bossa nova e sobre todo pola obra de João Gilberto.
Casou coa actriz Marieta Severo, coa que ten tres fillas.
É coñecido principalmente polas súas cancións de marcada harmonía, debedoras en parte de Antônio Carlos Jobim, a quen homenaxea chamando "meu maestro soberano foi Antônio Brasileiro"[3], e polas súas letras, que oscilan entre unha temática de carácter intimista, até cuestións como a situación cultural, económica e social do Brasil.
Colaborou con moitos músicos brasileiros, con algúns deles gravou discos ao vivo, por exemplo con Caetano Veloso e Maria Bethânia; varios deles son mencionados na súa música "Paratodos".[3]
Ao longo da súa vida foi alternando a súa carreira musical coa de novelista e dramaturgo. As súas dúas últimas novelas, Budapeste (2005) e Leite derramado (2009), foron aclamadas pola crítica e merecedoras do Premio Jabuti.
O 2 de decembro de 2012, Miguel Faria realizou o filme documental Chico - Artista Brasileiro[4], presentando un espectáculo do Chico Buarque combinado con declaracións súas e testemuñas doutros nomes da música popular brasileira (MPB) e con representacións de personaxes presentes nas cancións máis famosas do artista.[5][6]
En novembro de 2022, o deputado estadual Eduardo Bolsonaro, fillo do presidente Jair Bolsonaro utilizou nas súas redes sociais a música “Roda Viva” do Chico Buarque. Ese feito foi denunciado polo autor, en primeira instancia a Justiça do Rio de Janeiro cuestionou a autoría por "ausência de documento indispensável sobre os direitos autorais". Os avogados do cantor recorreran a decisión afirmando “É de se anotar que o fato de que Chico Buarque é compositor e cantor de ‘Roda Viva’, especialmente no fonograma utilizado pelo réu, é fato público e notório. Trata-se de uma das músicas mais marcantes da cultura popular brasileira e da história das canções de protesto”. En decembro de 2022 a Xustiza concedeu tutela anticipada de urxencia, decidindo que Bolsonaro debía retirar imediatamente o post da música da rede social baixo pena de pagar multa diaria de R$ 1 mi. [7]
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.