Miliarense
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O miliarense (forma neutra do lat. miliarensis, "relativo a mil") foi unha moeda romana de prata de módulo mediano, aparecida en tempos do Imperio, a principios do século IV d. C., a partir da reforma monetaria de Constantino o Grande (306-337).[1][2]
O miliarense cuñouse fundamentalmente durante o período de Constantino e, máis esporádicamente, ata finais do século IV.[3]
As características morfolóxicas dos miliarenses foron moi cambiantes co tempo, aínda que xeralmente o seu peso estivo entre os 3,8 e 6 os gramos, cun diámetro de entre 23 e 24 milímetros. Con todo, no momento da súa creación o seu peso teórico estableceuse en 1/72 da libra romana (4,5 gramos), o mesmo có do sólido, tamén instituído na reforma monetaria de Constantino de 324.[4]
A súa denominación provén da súa correspondencia co valor dunha milésima parte da libra de ouro.[5]
No ámbito numismático fálase adoito de dúas clases de miliarense: o lixeiro e o pesado[6]. O seu valor en relación á moeda de ouro, o sólido, era de 14 miliarenses pesados ou 18 lixeiros por cada sólido.[7][8]
No Imperio Bizantino reintroduciuse posterioemente unha variante desta moeda, entre os séculos VIII e XI, coñecida habitualmente pola súa designación grega de miliaresion (μιλιαρήσιον).[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.