Miguel III de Bulgaria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel III de Bulgaria (en búlgaro: Михаил Асен III, Mihail Asen III), comunmente chamado Miguel Shishman (en búlgaro: Михаил Шишман, Mihail Šišman),[nota 1] gobernou como tsar de Bulgaria de 1323 a 1330. Descoñécese o ano exacto do seu nacemento, pero ocorreu probablemente entre 1280 e 1292.[1] Foi o fundador da última dinastía gobernante do Segundo Imperio búlgaro, a dinastía Shishman. Con todo, despois de ser coroado usou o nome de Asen para salientar a súa relación coa dinastía Asen, a primeira en gobernar sobre o Segundo Imperio.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1280 (Gregoriano) |
Morte | 23 de xullo de 1330 (49/50 anos) Welbaschd (en) |
Causa da morte | morto en combate |
Déspota | |
Tsar de Bulgaria | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bulgaria |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Tsar |
Familia | Dinastia Shishman (pt) |
Cónxuxe | Teodora Paleóloga (1324 (Gregoriano)–) Ana Neda da Sérvia (1323 (Gregoriano)–1324 (Gregoriano)) |
Fillos | Shishman (en) () Ana Neda da Sérvia (pt) João Estêvão da Bulgária (pt) () Ana Neda da Sérvia (pt) |
Pai | Shishman of Vidin (en) |
Irmáns | Belaur (pt) |
Gobernante enérxico e ambicioso, Miguel III dirixiu unha política exterior agresiva, aínda que oportunista e incoherente, contra o Imperio bizantino e o Reino de Serbia, que lle custou a vida na desastrosa batalla de Velbazhd.[3] Tamén foi o último gobernante medieval búlgaro que aspirou á hexemonía militar e política do Imperio búlgaro nos Balcáns e o último que tentou apoderarse de Constantinopla. Sucedeulle o seu fillo Iván Estevo e despois o seu sobriño Iván Alexandre, quen cambiou a súa política mediante a formación dunha alianza con Serbia.[4]