Un microscopio óptico é un microscopio baseado en lentesópticas. Tamén se coñece como microscopio de luz, (que utiliza luz ou "fotóns") ou microscopio de campo claro.
Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.(Desde decembro de 2014)
O desenvolvemento deste apartado adoita asociarse cos traballos de Anton van Leeuwenhoek. Os microscopios de Leeuwenhoek constaban dunha única lente pequena e convexa, montada sobre unha placa, cun mecanismo para suxeitar o material que se ía examinar (a mostra ou espécime). Este uso dunha única lente convexa coñécese como microscopio sinxelo, resultando un aparello semellante á lupa, entre outros aparellos ópticos.
1611 Johannes Kepler suxeriu o xeito de fabricar un microscopio composto.
1665Robert Hooke utilizou un microscopio composto para estudar cortes de cortiza e describir os pequenos poros en forma de celas ós que lle chamou "células", punto clave do seu libro Micrographia.
1674Leeuwenhoek informou do seu descubrimento de protozoarios. Observou bacterias por primeira vez 9 anos despois.
1828W. Nicol desenvolveu a microscopía con luz polarizada.
1838Schleiden e Schwann propuxeron a teoría da célula e declaran que a célula nucleada é a unidade estrutural e funcional en plantas e animais.
1849 J. Quekett publicou un tratado práctico sobre o uso do microscopio.
1876Abbe analizou os efectos da difracción na formación da imaxe no microscopio e amosou como perfeccionar o deseño.
1881 Retzius describe gran número de tecidos animais cun detalle non superado até o de agora por ningún outro microscopista de luz. Nas seguintes dúas décadas el, Cajal e outros histólogos desenvolven novos métodos de tinción e estabelecen os fundamentos da anatomía microscópica.
1882 Kock empregou lolorantes de anilina para tinguir microorganismos e identificou as bacterias causantes da tuberculose e o cólera. Nas dúas décadas seguintes, outros bacteriólogos, como Klebs e Pasteur, identificaron os axentes causantes doutras moitas doenzas examinando ao microscopio preparacións tinguidas.
1886 Carl Zeiss fabricou unhas lentes, seguindo as leis de Abbé, que permitiron ao microscopista resolver estruturas nos límites teóricos da luz visible.
1898Golgi observou e describiu por primeira vez o orgánulo celular que leva o seu nome, o aparato de Golgi, impregnando as células con nitrato de prata.
1908 Köhler e Siedentopf desenvolveron o microscopio de fluorescencia.
1930 Levedeff diseña e constrúe o primeiro microscopio de contrasete interferencial.
1932 Zernicke inventa o microscopio de contraste de fases. Os microscopios de contraste interferencial e de fase permiten por primeira vez a observación en detalle de células vivas non tinguidas.
1937 Ernst Ruska e Max Knoll, físicos alemáns, constrúen o primeiro microscópio electrónico.
1941 Coons emprega anticorpos acoplados a colorantes fluorescentes para detectar antíxenos celulares.
1952 Nomarski idea e patenta o sistema de contraste interferencial que leva o seu nome para o microscopio óptico.
1981 Allen e Inoué prefeccionan a microscopía óptica de contraste vídeo-amplificado.
Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula(en castelán). ISBN84-282-0896-4.
Bibliografía
Locquin, Marcel; Maurice Langueron (1985) [1978]. Manual de microscopía[Manuel de microscopie](en castelán). Barcelona: Labor. ISBN84-335-0024-4.|data-acceso= require |url= (Axuda)
Alberts, Bruce; Bray D., Lewis J., Raff M., Roberts K. e Watson J.D. (1992) [1989]. Biología molecular de la célula(en castelán) (2ª ed.). Barcelona: Omega. ISBN84-282-0896-4.|data-acceso= require |url= (Axuda)
Paniagua, Ricardo; Manuel Nistal, Sesma, M.P., Álvarez-Uría, M., Anadón, R., Fraile, B., Sáez, F.J. (2002). Citología e histología vegetal y animal(en castelán) (3ª ed.). Madrid: McGraw-Hill - Interamerecana de España. ISBN84-481-9984-7.|data-acceso= require |url= (Axuda)