As metamónadas ou Metamonada son un amplo grupo de protistas flaxelados.[1][2][3] Os grupos principais que inclúe son Retortamonadida, Diplomonadida e posiblemente tamén Parabasalia e Oxymonadida. Estes catro grupos son todos anaerobios e na súa maioría simbiontes de animais. Certas especies de Parabasalia e Oxymonadida viven no tracto dixestivo das térmites, desempeñando un papel importante na degradación da celulosa. Algúns outros membros de Metamonada son parasitos, como Giardia intestinalis.

Máis información Clasificación científica, Clases e ordes ...
Metamónadas

Giardia intestinalis, unha diplomonadida parasita
Clasificación científica
Reino: Protista
(sen clasif.) Excavata
Filo: Metamonada
Grassé 1952 emend.
Clases e ordes

Eopharyngia
   Retortamonadida
   Diplomonadida (=Trepomonadea)
   Carpediemonas
Parabasalia
Anaeromonadida
   Oxymonadida
   Trimastix

Pechar

Morfoloxía

Estes flaxelados son infrecuentes por careceren de mitocondrias. No pasado eran considerados os Eukarya máis primitivos, e coidábase que diverxeran do resto antes de que aparecesen as mitocondrias. Porén, agora sábese que perderon as mitocondrias secundariamente e que conservan os orgánulos e xenes nucleares derivados delas. Os vestixios mitocondriais inclúen orgánulos especiais como os hidroxenosomas e os mitosomas e, nalgunhas especies, tamén se descubriron xenes mitocondriais no xenoma nuclear.

Todos os subgrupos comparten a posesión de flaxelos en grupos característicos de catro, que a miúdo se asocian ao núcleo, formando unha estrutura chamada cariomastigonte. Ademais, os xéneros Carpediemonas e Trimastix son parentes próximos ás liñas Retortamonadida-Diplomonadida e Oxymonadida, respectivamente. Ambos os dous son formas de vida libre e amitocondriais.

Retortamonas é un Retortamonadida e ten un único núcleo, dous flaxelos emerxentes e unha fenda de alimentación ventral. Hexamita e Giardia son Diplomonadida que presentan dous núcleos e oito flaxelos dispostos en dous grupos iguais de catro flaxelos.[4] Cada núcleo está asociado a un grupo de flaxelos e cun conxunto de cinetosomas asociados. Hexamita ten dous citostomas que se abren na parte posterior da célula. Giardia ten un corpo aplanado ventralmente e dispón dun disco adhesivo soportado por un complexo citoesqueleto; non presenta citostomas; os dous grupos de flaxelos están dispostos xuntos no centro da célula, entre os dous núcleos.

Clasificación

Thumb
Tres especies de Metamonada.[4] Esquerda: Retortamonas (un Retortamonadida), centro: Hexamita (un Diplomonadida), dereita: Giardia (outro Diplomonadida). 1-núcleo simple, 2-fenda de alimentación ventral, 3-dous núcleos, 4-dous citostomas, 5-dous núcleos, 6-disco adhesivo.

Metamonada forma parte de Excavata, un supergrupo de Eukarya que inclúe flaxelados cunha "boca" ou fenda de alimentación ventral e os seus parentes próximos. As relacións entre os subgrupos son incertas e non sempre aparecen xuntos nas árbores moleculares. É posible que Metamonada tal como se describiu aquí non forme un grupo monofilético.

Especies notables

  • Enteromonas hominis.
  • Chilomastix mesnili.
  • Giardia intestinalis (sinónimo Giardia lamblia)
  • Retortamonas intestinalis.
  • Trichomonas vaginalis.
  • Trichomonas tenax.
  • Pentatrichomonas hominis.
  • Dientamoeba fragilis.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.