From Wikipedia, the free encyclopedia
Mesoplodon traversii, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de zifio de Travers e zifio de Bahamonde, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[3]
Mesoplodon traversii Zifio de Travers Zifio de Bahamonde | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comparación co tamaño dun humano medio | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Mesoplodon traversii (Gray, 1874) | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Mesoplodon traversii | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Trátase dunha especie rara e moi pouco coñecida.
Recibe os ses nomes vulgares citados na honra do naturalista neozelandés Henry Travers, que o recolectou,[4][5]e do profesor de Ciencias Biolóxicas e Químicas da Universidade de Chile, e investigador xefe da Sección de Hidrobioloxía do Museo Nacional de Historia Natural de Chile Nibaldo Bahamonde,[6] respectivamente.
A especie foi descrita en 1874 polo naturalista inglés John Edward Gray, baixo o nome de Dolichodon traversii.[2]
A especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Foi nomeada primeiramente a partir dunha mandíbula parcial encontrada na illa Pitt, Nova Zelandia, en 1872; rexistrada e ilustrada en 1873 por James Hector, e descrita ao ano seguiente por John Edward Gray, como quedou dito. Inicialmente considerouse como unha forma de zifio de Layard, o que comentou xa nun artigo de 1878 por Hector, quen nunca considerou que o espécime fora distinto.[4][5] Un calvarium ou calvario (un cranio sen mandíbula ou sen mandíbula e sen rostro) encontrado na década de 1950 na illa White, tamén en Nova Zelandia, inicialmente non se describiu, pero logo creuse que era dun Mesoplodon ginkgodens.[7]
En 1993 encontrouse un calvario danado na illa Robinson Crusoe, Chile, que se describiu como unha nova especie, Mesoplodon bahamondi ou zifio de Bahamonde.[8]
En decembro de 2010 encontráronse dous espécimes varados en Opape Beach, baía de Plenty, Nova Zelandia. Orixinalmente foron identificados como Mesoplodon grayi, pero unha análise xenética posterior revelou que representaban os primeiros espécímes completos de Mesoplodon traversii.[9] Despois deste achado, apareceu un informe que describe a Mesoplodon traversii e unha análise do seu ADN, na edición do 6 de novembro de 2012 da revista Current Biology.[10][11]
O principal carácter distintivo desta especie son os grandes dentes do animal, de 23 cm, bastante parecido en tamaño aos de Mesoplodon layardii. Considerábase, a xulgar polo tamaño do cranio, que este zifio mediría entre os 5 e os 5,5 m de lonxitude. Despois de encontrarse dous espécímes de máis de cinco metros de lonxitude varados e mortos nunha praia de Nova Zelandia, un estudo na revista Current Biology ofreceu a primeira descrición completa deste cetáceo.[10] Identificáronse, en principio, como quedou dito, como Mesoplodon grayi debido á súa aparencia semellante. Pero o melón é máis prominente e máis semellante a Mesoplodon layardii.[10]
A coloración do rostro é gris escura ou negra, cun parche escuro no ollo, peito branco e aletas escuras.[12]
O rostro non permite diferenciar esta especie dos xuvenís de Mesoplodon grayi.[10]
Os exemplares eran unha femia, que medía 5,3 m, e unha cría.[13]
Os tres espécimes examinados até agora proveñen de Nova Zelandia (illa White e illa Pitt) e Chile (illa Robinson Crusoe, no Arquipélago Juan Fernández). Polo tanto, esta é probabelmente unha especie do hemisferio sur (posibelmente circumantártica). Porén, pode ter unha distribución moito máis ampla e, até que non haxa máis rexistros dispoñíbeis, isto seguirá sendo descoñecido.[14]
Non hai informacións sobre a abundancia desta especie. Porén, é probábel que sexa relativamente rara, dado o pequeno número de rexistros da súa aparición descubertos até agora.[1]
Non se sabe nada do hábitat desta especie. Tampouco da súa dieta, pero suponse que as luras son a súa principal presa.[1]
A caza directa nunca se ten asociado con esta especie. Pero o enredamento nas artes de pesca, especialmente nas redes de enmalle, é probabelmente a súa ameaza máis importante. Ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polos sonares das mariñas e a exploración sísmica.[15]
Como especie potencialmente limitada a augas temperadas, pode ser vulnerable aos efectos do cambio climático xa que o quecemento do océano pode producir un cambio ou unha contracción da súa área de distribución.[16] Porén, descoñécese o efecto de tales cambios no tamaño da área de distribución ou na posición desta especie.[1]
A evidencia de individuos varados de varias especies similares indica que tragaron artigos de plástico debotados, o que eventualmente pode conducir á súa morte.[17], polo que esta especie tamén pode estar en risco.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Como especie relativamente pouco común, é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualifica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.