From Wikipedia, the free encyclopedia
Henry Hammersley Travers, nado en 1844 en Hythe, condado de Kent, Inglaterra, e finado o 16 de febreiro de 1928 en Wellington, Nova Zelandia, foi un naturalista, recolledor de especies e taxidermista neozelandés.
Nome orixinal | Henry Hammersley Travers |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1844 Hyte, Kent, Inglaterra |
Morte | 16 de febreiro de 1928 Wellington, Nova Zelandia |
País de nacionalidade | neozelandesa |
Educación | Nelson College (en) |
Actividade | |
Ocupación | naturalista, recolledor de especies, taxidermista |
Membro de | |
Familia | |
Pais | William Thomas Locke Travers e Jane Oldham |
Nacido en Hythe, condado de Kent, Inglaterra en 1844,[1] e bautizado en Cheriton, Kent o 13 de outubro dese ano,[2] Travers era fillo do político neozelandés William Thomas Locke Travers e da súa esposa Jane Travers (nacida Oldham).[3] Travers educouse no Nelson College de Nelson, Nova Zelandia, desde 1856 a 1860.[4]
Os espécimes recolectados por Travers están nas coleccións do Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa.[5]
Henry Travers recolleu algúns dos últimos exemplares coñecidos do xénico de Lyall (Xenicus lyalli), unha especie hoxe extinta de ave paseriforme da familia dos acantisítidos, espécimes que vendeu ao Museo Colonial (hoxe Te Papa), ao Otago Museum e a Walter Rothschild.[6]
Travers faleceu en Wellington o 16 de febreiro de 1928.[7]
As seguintes especies, e un xénero, foron nomeados na súa honra:[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.