Mesa, Estados Unidos

cidade de Arizona (Estados Unidos de América) From Wikipedia, the free encyclopedia

Mesa, Estados Unidosmap

Mesa é unha cidade situada no condado de Maricopa, no estado de Arizona (EUA). Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 439.041 habitantes e unha densidade de poboación de 1.236,77 hab./kmm².[1]

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Modelo:Xeografía políticaMesa, Estados Unidos
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 33°24′54″N 111°49′53″O
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoArizona
County of Arizona (en) TraducirCondado de Maricopa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación504.258 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.404,43 hab./km²)
Número de fogares186.503 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaRegião metropolitana de Phoenix (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:4.845.832) Editar o valor en Wikidata
Superficie359,048734 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,4453 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude378 m Editar o valor en Wikidata
Creación1878 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Mayor of Mesa, Arizona (en) Traducir Editar o valor en WikidataJohn Giles (pt) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal85200–85299 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico480 602 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Upper Hutt (pt) Traducir
Manaus
Caraz (pt) Traducir
Burnaby (pt) Traducir (1998–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmesaaz.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: CityofMesa BNE: XX5495445 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Forma parte da área urbana de Phoenix e é a terceira cidade do Estado, despois da propia Phoenix e Tucson. É a 41ª cidade máis poboada dos Estados Unidos e está experimentando un rápido crecemento demográfico.

Aínda que Mesa é unha cidade suburbana, realmente ten unha poboación maior que centros urbanos tan importante como Atlanta, Saint Louis, Minneapolis, Miami e Pittsburgh.[2] Porén, segue a ser só unha cidade-dormitorio caracterizada por unha grande expansión urbana. O seu centro é mínimo, e consiste nuns poucos edificios sen exceder dos dous andares. Así e todo, a recente construción do Centro das Artes de Mesa (Mesa Arts Center) é quizais o primeiro paso para a creación dun verdadeiro centro urbano.

Mesa foi fundada en xaneiro de 1878 por pioneiros mormóns, que hoxe conforman unha décima parte da súa poboación. Mesa é o centro da súa igrexa na zona de Phoenix.

Pero a historia de Mesa remóntase a máis de 2.000 anos, coa chegada do pobo Hohokam. Os Hohokam, cuxo nome significa "Totalmente esgotado" ou "O defunto", construíron as canles orixinais. O sistema de canles foi o maior e o máis sofisticado do Novo Mundo prehistórico.[3]

Historia

Remóntase polo menos 2000 anos coa chegada do pobo Hohokam, que construíu un sistema orixinal de canles, algunha con 27 m de ancho, que se estendía polo deserto ata 26 km, transformando o Deserto de Sonora nun oasis de agricultura. Construíron centos de quilómetros de canles, das que moitas aínda están hoxe en uso.

Despois de desapareceren os hohokan, os exploradores non se aventuraban nesta área ata que o exército dominou os indios apaches.

Daniel Websten Jones fundou un poboado mormón en Arizona a finais do século XIX, no norte do Mesa de hoxe en día. Ó mesmo tempo outro grupo chegou dende Utah e Idaho e escavou outras canles.

A primeira escola foi construída no ano 1879.

O doutor A.J. Chandler traballou na ampliación da canle Mesa para permitir unha central eléctrica.

Durante a Gran Depresión recadouse para pavimentar rúas, facer un novo hospital e unha biblioteca.

Máis tarde trasladáronse alí militares e medrou moito a poboación, máis coa chegada do aire acondicionado e a industria e, sobre todo, coas compañías aéreas nos anos 50 e 60.

Xeografía

Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 324,2 km², dos que 323,7 km² son de terra firme e 0,6 km² (un 0,16 %) de augas.

A súa altitude media é do arredor de 378 m, xa que a cidade se estende por unha meseta situada a uns trinta metros por debaixo de Phoenix, de aí o nome de mesa que lle deron os primeiros colonos.

Demografía

Máis información Evolución da poboación, Censo ...
Evolución da poboación
CensoPob.
1900722
19101.692134,3%
19203.03679,4%
19303.71122,2%
19407.22494,7%
195016.790132,4%
196033.772101,1%
197063.04986,7%
1980152.404141,7%
1990288.10489,0%
2000396.37537,6%
2010439.04110,8%
Pechar

Segundo o censo de 2010 había 439.041 persoas residindo en Mesa. Destas, o 77,2 % eran brancos, o 3,48 % afroamericanos, o 2,36 % eran amerindios, o 1,93 % asiáticos, o 0,38 % das illas do Pacífico, e o 11,29 % doutras razas, pertencendo o 3,43 % a dúas ou máis razas. Do total da poboación, o 26,36 % eran hispanos ou latinos de calquera raza.[4]

O 33,4% tiña nenos menores de 18 anos vivindo nas casas. A media de idade da poboación era de 32 anos.

A media de ingresos por fogar era de 42.817 dólares, 315.960 para os homes e 27.005 para as mulleres. A renda per cápita era de 19.601.

O ano 1900 Mesa contaba tan só con 722 habitantes que, pouco a pouco, foron incrementándose (1910, 1.692; 1920, 3.036; 1930, 3.711; 1940, 7.224, 1950, 16.790; 1960, 33.772) e, a partir dos anos 1960, o crecemento incrementouse fortemente: 1970, 63.772; 1980, 152.404; 1990, 288.104; 2000, 395.375.

Límites de Mesa

Debido á longa distancia entre o leste o oeste (29 km) e a grande área de extensión, a miúdo hai que referirse ó Leste ou o Oeste de Mesa.

Mesa utiliza un sistema de cuadrícula para numerar as rúas diferente do usado en Fénix. A rúa central recorre de Norte a Sur e divide a cidade en dúas partes.

Economía

Máis información #, Empresa ...
# Empresa Persoas empregadas
1 Mesa Public Schools 9.500
2 Banner Health 8.650
3 Boeing 4.260
4 City of Mesa 3.442
5 Wal-Mart 2.503
6 Mesa Community College 2.201
7 Fry's Food and Drug 1.276
8 The Home Depot 826
9 Condado de Maricopa 720
10 Mountain Vista Medical Center 627
Pechar

Clima

Localizada no deserto de Sonora, Mesa ten invernos suaves e temperados e veráns calorosos con temperaturas máximas medias de 25 graos en xullo e mínimas medias de 5 graos en xaneiro.

Máis información Información climática de Mesa (), Mes ...
Información climática de Mesa (Mesa Int'l)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 89

(32)

95

(35)

99

(37)

106

(41)

118

(48)

116

(47)

119

(48)

115

(46)

113

(45)

107

(42)

97

(36)

86

(30)

119 (48)
Temperatura máxima media (°C) 67

(19)

71

(22)

77

(25)

85

(29)

94

(34)

104

(40)

106

(41)

104

(40)

99

(37)

89

(32)

75

(24)

67

(19)

86.5 (30.3)
Temperatura mínima media (°C) 41

(5)

45

(7)

49

(9)

54

(12)

61

(16)

70

(21)

77

(25)

76

(24)

70

(21)

59

(15)

47

(8)

40

(4)

57.4 (14.1)
Temperatura mínima absoluta (°C) 15

(−9)

19

(−7)

24

(−4)

30

(−1)

37

(3)

43

(6)

54

(12)

51

(11

40

(4)

30

(−1)

22

(−6)

17

(−8)

15 (−9)
Precipitacións (mm) 1.01

(25.7)

1.03

(26.2)

1.19

(30.2)

0.33

(8.4)

0.17

(4.3)

0.06

(1.5)

0.06

(1.5)

1.14

(29)

0.89

(22.6)

0.81

(20.6)

0.77

(19.6)

0.98

(24.9)

9.27 (235.5)
Fonte: NOAA [5], Hong Kong Observatory (sun only, 19611990) [6] Weather Channel (extremes) [7]
Pechar

Atraccións culturais

Thumb
Ruínas de Mesa Grande

A cidade conta con varios museos, bibliotecas e instalacións de esparexemento e lecer:

  • Hohokam park.
  • Mesa Arts Center.
  • Anfiteatro de Mesa.
  • Mesa Arizona Temple (igrexa mormona).
  • Museo de Historia.
  • Museo de Historia Natural.
  • Museo Conmemorativo das forzas Aéreas.
  • Ruínas e parque das canles.
  • Parques acuáticos.

O único rañaceos en Mesa é o Bank of America.

Os seus habitantes dispoñen de tres bibliotecas públicas:

  • Main Library (MN)
  • Dobson Ranch Branch (DR)
  • Red Mountain Branch (RM)

Servizos

Mesa Oeste

O centro comercial Fiesta, Dillard´s, Macy´s, Dick´s Sporting Good. Outra das grandes atraccións é o Banco de América. Está previsto agrandar o Mall Fiesta.

O Mesa riverview (vista ó río) é un novo lugar ó aire libre que ten espazos para restaurantes, comercios de marca e teatros.

Mesa Este

O Superstition Springs Center é un centro de tendas cun anfiteatros e unha fonte ao aire libre.

Transporte

Thumb
Casa do concello.
  • Varias autoestradas sen peaxe, como a Ruta 60, coñecida como a "autoestrada superstición".
  • Autobuses da Valley Metro.
  • Ten dous aeroportos: Falcon Field, creado para adestrar os pilotos británicos durante a segunda guerra mundial é cedido á cidade ó acabar a guerra. Outro aeroporto é o Fénix Mesa Gateway.

Mesa é unha cidade moi adecuada para camiñar a pé.

Educación

Case toda a cidade forma parte do distrito escolar das Mesa Public Schools. As Gilbert Public Schools diríxense a unha parte do sur de Mesa, e o Tempe Elementary School District ocúpase, co Tempe Union High School District, dunha pequena parte do oeste de Mesa.

Tamén ten o Mesa Community College, o máis grande do Community College con arredor de 24.000 estudantes, e o Campus Politécnico da Universidade estatal de Arizona que ten sobre 6000 estudantes universitarios, ademais da escola de aviación e de osteopatía.

Entre os establecementos de ensinanza superior, en Mesa está a CAE Global Academy de Phoenix, que forma máis de 400 pilotos de liñas aéreas ao ano.[8]

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.