Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un oasis é un espazo dun deserto no cal se poden atopar auga e vexetación.[1] Adoitan constituír porcións de terreo fertilizado por unha fonte de auga no medio dos areais. Nestes lugares pode haber pequenos asentamentos habitados, como os da rexión do Sáhara, a península arábiga ou vilas como os de Pica, en Chile, Ica no Perú ou Parras de la Fuente, en México. Ademais de dar cultivos aos poboadores próximos, serven para abastecer aos viaxeiros e caravanas. Ás veces, por mor de ilusións ópticas coñecidas como miraxes ou espellismos, percibíanse visualmente onde non estaban.
A palabra oasis provén do grego ὄασις [oasis], tomado do exipcio ouḥ3t, en demótico ouḥỉ e en copto uaḥe.
Soados son os oasis de Exipto, que foron administrados coa mesma atención que as demais rexións durante a época do antigo Exipto. Servían de lugar de aprovisionamento e descanso ás grandes caravanas de beduínos comerciantes do interior de África, facéndose mención nos anais exipcios destes baixo a denominación máis xeral de habitantes do territorio líbico.
A lagoa de Huacachina é un oasis situado a 5 km ao oeste da cidade de Ica (no Perú) e a 60 km ao leste da costa do océano Pacífico.[2] Preséntase como un verdadeiro oasis natural no medio das brancas areas do deserto costeiro do Perú. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos (especies introducidas) e a especie de alfarrobeira coñecida como huarango, que serven para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Todo iso contribúe a facer de Huacachina un dos lugares máis vistosos e belos da costa peruana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.