O mazarico rabinegro[2][3][4] (Limosa limosa) é unha ave limícola. Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate; no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande que o mazarico rubio, ó que se asemella). Aniña no chan en pradeiras húmidas e en illós de Europa e Asia. Pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Mazarico rabinegro

Mazarico rabinegro


Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Limosa
Brisson,1760
Especie: L. limosa
Subespecie: L. l. limosa Linnaeus, 1758

L. l. islandica Brehm, 1831
L. l. melanuroides Gould, 1846

Nome binomial
Limosa limosa
(Linnaeus, 1758) Brisson,1760
Distribución do mazarico rabinegro
Distribución do mazarico rabinegro

Distribución do mazarico rabinegro
Sinonimia

Scolopax limosa Linnaeus,1758

Pechar
Limosa limosa.

Emigra en bandadas a Europa, sur de Asia, África e Australia.

En Galicia pódese ver a finais de agosto, permanecendo ata a primavera, abondosas na enseada do Vao, O Grove, e no esteiro do Miño.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.