![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Max_von_Sydow_Cannes_2016.jpg/640px-Max_von_Sydow_Cannes_2016.jpg&w=640&q=50)
Max von Sydow
actor sueco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carl Adolf "Max" von Sydow, nado en Lund o 10 de abril de 1929 e finado en Francia o 8 de marzo de 2020,[1] foi un actor sueco de cidadanía francesa.
Von Sydow apareceu en máis de cen filmes e series de televisión.[2] Os seus papeis máis lembrados inclúen o cabaleiro Antonius Block en O sétimo selo de Ingmar Bergman (1957), o primeiro dos once filmes que realizou co director, e que inclúe as icónicas escenas en que a personaxe xoga ao xadrez coa morte.[3]
Interpretou a Xesucristo en The Greatest Story Ever Told de George Stevens (1965) e apareceu en O exorcista de William Friedkin, Dune de David Lynch (1984), Hannah e as súas irmás de Woody Allen (1986), Espertares de Penny Marshall (1990), Minority Report de Steven Spielberg (2002), Le Scaphandre et le Papillo de Julian Schnabel (2007) e Shutter Island de Martin Scorsese (2010). Posteriormente apareceu en Star Wars: The Force Awakens e na serie de HBO Game of Thrones, pola que recibiu unha candidatura aos premios Emmy. Tamén recibiu dúas candidaturas ao Óscar polas súas interpretacións en Pelle Erobreren (1987) e Tan forte e tan preto (2011).