Martin Marcantonio Luciano Scorsese, nado en Nova York o 17 de novembro de 1942, é un director, guionista e produtor de cine estadounidense, gañador dun Premio da Academia, tres Globos de Ouro, dous BAFTA, e do Directors Guild of America, ademais de ser un dos fundadores de World Cinema Foundation.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Martin Scorsese |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Martin Charles Scorsese 17 de novembro de 1942 (81 anos) Queens, Estados Unidos de América |
---|
|
|
Presidente do xurado do Festival de Cannes |
---|
|
|
← Isabelle Adjani – David Cronenberg → |
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Italia |
---|
Grupo étnico | Sicilian Americans (en) |
---|
Relixión | Cristianismo |
---|
Educación | New York University Tisch School of the Arts (en) Cardinal Hayes High School (en) |
---|
Altura | 160 cm |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | director de cinema , montador , actor de dobraxe , director de televisión , guionista , actor de cinema , produtor de cinema , realizador |
---|
Período de actividade | 1959 - |
---|
Empregador | Universidade de Nova York |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Cinema dramático, filme sobre crime, filme de suspense e filme de acción |
---|
Movemento | Novo Hollywood |
---|
Profesores | Haig P. Manoogian (en) |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua inglesa |
---|
Compañeiro profesional | Robert De Niro: Martin Scorsese and Robert De Niro (en) Leonardo DiCaprio: Martin Scorsese and Leonardo DiCaprio (en) |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Helen Schermerhorn Morris (1999–) Barbara De Fina (1985–1991) Isabella Rossellini (1979–1982) Julia Cameron (1976–1978) Laraine Marie Brennan (1965–1971) |
---|
Fillos | Cathy Scorsese () Laraine Marie Brennan (en) Francesca Scorsese (en) () Helen Schermerhorn Morris (en) Domenica Cameron-Scorsese (pt) () Julia Cameron (pt) |
---|
Pais | Charles Scorsese (pt) e Catherine Scorsese (pt) |
---|
Premios |
|
|
|
Pechar
As obras de Scorsese abordan principalmente os temas da vida ítalo-estadounidense, e os conceptos de culpa e redención católicos romanos,[1] o machismo, e a violencia da sociedade estadounidense. Scorsese é amplamente considerado como un dos directores máis influentes da súa xeración.[2] Gañou un MFA pola súa obra como director de cine outorgado pola prestixiosa Escola de Cine de NYU, así coma o Premio da Academia como mellor director pola súa película Infiltrados, a cal tamén gañou o de mellor película na edición 79ª edición dos Premios da Academia celebrados en 2007.