numismático e militar alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Max Ferdinand Bahrfeldt (a partir de 1913 von Bahrfeldt), nado en Gerswalde o 6 de febreiro de 1856 e finado na cidade saxoa de Halle o 11 de abril de 1936, foi un xeneral, numismático e historiador local alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1856 Gerswalde, Alemaña |
Morte | 11 de abril de 1936 (80 anos) Halle (Saale), Alemaña |
Comandante | |
Actividade | |
Ocupación | numismático, militar, arqueólogo, profesor universitario |
Partido político | Partido Popular Nacional Alemão (pt) |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Imperial Alemán |
Rango militar | General of the Infantry (en) |
Conflito | Primeira guerra mundial Batalla de Charleroi |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Bahrfeldt é coñecido como un dos maiores estudosos da moeda romana da época republicana. O seu irmán máis vello, Emil Bahrfeldt (1854-1929), tamén foi un reputado numismático.
No ámbito militar, en paralelo ás súas vitorias, atribúenselle as atrocidades cometidas en Charleroi durante a invasión alemá de Bélxica en 1914 durante a primeira guerra mundial.
Bahrfeldt naceu en 1856 no barrio de Willmine, do municipio de Gerswalde, en Brandeburgo.[1]
Desde 1869, Bahrfeldt asistiu ás escolas de cadetes de Wahlstatt (a actual Legnickie Pole, en Polonia) e de Berlín, ata 1873, cando se converteu en tenente do 75º rexemento de Infantaría, de Bremen.[2] Posteriormente emprendeu a carreira de oficial no exército prusiano e estudou na Academia de Guerra de Berlín entre 1882 e 1885. En 1904 foi ascendido a coronel, en 1908 a xeneral de división e en 1911 a tenente xeneral. Finalmente, retirouse do exército en 1916.[1][3]
Como xeneral de Infantaría, dirixiu varias divisións coas que participou en diferentes batallas na fronte occidental durante a primeira guerra mundial.[1][4]
Unha destas divisións comandadas por Bahrfeldt foi a 37ª de Infantaría, coa que participou na captura da cidade de Charleroi o 22 de agosto de 1914, no marco da invasión alemá de Bélxica. Acusado posteriormente polos aliados de cometer crimes de guerra durante a ocupación, foi condenado a morte en ausencia nun consello de guerra celebrado por un tribunal belga en 1925.[4][5][6]
Na súa condición de tenente xeneral, Bahrfeldt accedeu á nobreza hereditaria prusiana o 16 de xuño de 1913, no marco do XXV aniversario do reinado de Guillerme II, o que leva consigo o uso do apelido "von Bahrfeldt".[2][7]
Polos seus servizos militares recibiu a Estrela de segunda clase da Orde da Aguia Vermella, así como a Estrela de segunda clase da Orde da Coroa prusiana.[8]
Bahrfeldt foi membro do Partido Alemán da Patria (Deutsche Vaterlandspartei) desde a súa fundación en 1917. Durante a República de Weimar estivo afiliado ao Partido Popular Nacional Alemán (Deutschnationale Volkspartei) e á organización paramilitar Stahlhelm ("Casco de Aceiro"). Logo da disolución desta organización durante o Terceiro Reich, Bahrfeldt pasou á reserva da SA-Sturmabteilungen, o brazo paramilitar de partido nazi alemán.[3]
Bahrfeldt amosou xa desde a súa xuventude interese pola numismática, non só como coleccionista senón que tamén se dedicou ao seu estudo, xunto co seu irmán Emil, e focalizou o seu interese nas cuñaxes da República Romana e da Baixa Saxonia,[2][4][9][10] en tanto que Emil se centraba na moeda medieval de Brandeburgo.[11]
Iniciou as súas investigacións numismáticas en 1873, cando comandaba o 75º rexemento de infantaría, e publicou o seu primeiro traballo sobre este tema en 1874, en Stade.[2] Un ano despois accedeu ao posto de coeditor da revista Numismatisch-Sphragistischer Anzeiger, publicada en Hannover, na que publicou numerosos artigos.[2]
Entre 1876 e 1882, en tanto que prestaba os seus servizos como auxiliar do rexemento de gornición en Stade, colaborou tamén como secretario da sociedade histórica local e exerceu como conservador da súa colección numismática. Ademais, tamén efectuou escavacións no sitio arqueolóxico do vaso campaniforme de Perleberg.
Como estudoso e como coleccionista, viaxou a diversas cidades europeas, entre elas París, Madrid, Viena, Budapest, Moscova, San Petersburgo, Copenhague e Londres, e alí visitou as coleccións e os gabinetes numismáticos máis importantes, sobre todo as partes dedicadas á moeda da Antiga Roma.[3][12]
A partir de 1880, Bahrfeldt foi editor da revista Numismatisches Literaturblatt, publicada en Stade.[3][9]
Polos seus estudos, Bahrfeldt está considerado como un dos maiores coñecedores das emisións monetarias da República Romana. En 1911 contribuíu a achegar luz a cerca das cuñaxes xeto-dacianas coa súa interpretación do estatero de ouro de Coson, defendendo a súa xénese local e excluíndo calquera relación coa fuxida de Roma de Marco Xunio Bruto, o que supuña rexeitar a conxectura de Joseph Hilarius Eckhel, que argumentara a súa orixe externa.[13] Neste sentido, Bahrfeldt obtivo a adhesión á súa postura do presitixioso numismático Theodor Mommsen.
Max von Bahrfeldt casou en Gotha, o 14 de outubro de 1878, con Elisabeth Mary Charlotte Samwer (1859-1954), filla do xurista e tamén numismático Karl Friedrich Samwer (1819-1882).[4] Tomando como base os papeis deixados polo seu sogro tras a súa morte, Bahrfeldt compuxo a máis salientable das súas monografías, publicada en Viena en 1883, acerca da historia das emisións monetarias da Antiga Roma a partir do ano 200 a. C.[14]
En 1911 Bahrfeldt foi nomeado doutor honoris causa pola Facultade de Filosofía da Universidade de Giessen.[2] Pola súa banda, en 1921 a Universidade de Halle-Wittenberg nomeouno profesor honorario de Numismática, onde traballou ata o seu falecemento en 1936.[3][4][9][12]
Esta é unha escolma dalgúns dos artigos e dos traballos monográficos publicados por Bahrfeldt ao longo da súa carreira académica:[16][17][18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.