From Wikipedia, the free encyclopedia
María Amalia de Saxonia, nada en Dresde o 24 de novembro de 1724 e finada en Madrid o 27 de setembro de 1760, foi raíña consorte de Nápoles e Sicilia (1737-1759) e de España (1759-1760), esposa de Carlos III.
Foi filla de Frederico Augusto II, príncipe-elector de Saxonia e despois rei de Polonia e gran duque de Lituania (como Augusto III), e da arquiduquesa María Xosefa de Austria, filla de Xosé I, emperador do Sacro Imperio.
Con apenas catorce anos contraeu matrimonio con Carlos, daquela rei de Nápoles e Sicilia, que era o fillo primoxénito de Filipe V e a súa segunda esposa, Isabel de Farnesio. A pesar de que se trataba dun matrimonio concertado, Amalia e Carlos mantivéronse moi unidos, e o rei, ao enviuvar, non volveu casar.
A voda celebrouse por poderes no Palacio de Dresde, en Saxonia, o 9 de maio de 1738, e a celebración foi en Nápoles o 9 de xuño dese ano.[1] En 1759 faleceu o rei Fernando VI de España, irmán de Carlos, sen descendencia, e Amalia acompañou ao seu esposo a España para ocupar o trono. En setembro de 1760, apenas dous anos despois da súa chegada a España, María Amalia morreu causa dunha tuberculose (e despois de sobrevivir unha varíola. Carlos III expresou: "En 22 anos de matrimonio, este é o primeiro desgusto serio que me dá Amalia".[1]
Á raíña María Amalia débeselle a introdución en España do costume de colocar nas casas, por Nadal, un belén ou nacemento, de orixe napolitana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.