política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Marisol Díaz Mouteira, nada en Kelkheim[1] (estado de Hesse, Alemaña) en 1967, é unha política galega, afiliada ao PPdeG e deputada no Parlamento de Galicia.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Kelkheim (Taunus), Alemaña |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia - dereito |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Empregador | Xunta de Galicia, funcionaria pública |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Licenciouse en Dereito pola UNED e especializouse en Mediación Familiar e Dereito Civil. Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Dende o ano 2003 ocupou diversos cargos representando ao Goberno galego na provincia de Ourense. Ese ano e ata 2005 foi delegada provincial da Consellería de Xustiza, estando de presidente da Xunta Manuel Fraga.
En 2009, con Alberto Núñez Feijóo como presidente do Goberno autonómico e Rogelio Martínez González como delegado territorial da Xunta na provincia de Ourense, foi nomeada xefa territorial da Consellería de Educación, cargo que abandonou en febreiro de 2012 para ocupar un escano no Parlamento de Galicia, en substitución de José Manuel Baltar Blanco. En marzo de 2013 asumiu a Xefatura territorial da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza [2], cargo que desempeñará ata o mes de xaneiro de 2015, data na que accedeu á Secretaría Territorial da Delegación da Xunta en Ourense.[3] Seis meses despois, en xuño, dimitiu deste cargo para tomar posesión como deputada autonómica en substitución de Jesús Vázquez Abad.[4]
O consello da Xunta de Galicia, reunido o 8 de outubro de 2015, nomeouna delegada territorial da Xunta en Ourense, logo do cesamento de Rogelio Martínez González.[5][6][7]
En xullo de 2020 presentouse como número 1 das listas do Partido Popular de Galicia na provincia de Ourense ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, e loxicamente saíu elixida.[8]
En setembro de 2020 foi destituída do seu cargo como delegada da Xunta en Ourense e substituída por Gabriel Alén.[9] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.