novela de Mary Wollstonecraft From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria[1] (en inglés: Maria: or, The Wrongs of Woman) é unha novela sen rematar da escritora británica Mary Wollstonecraft, secuela do seu tratado político revolucionario Vindicación dos dereitos da muller (1792). William Godwin, o seu esposo, publicou Maria de xeito póstuma en 1798, e a obra está considerada como a máis radicalmente feminista da autora.[2]
Maria | |
---|---|
Primeira páxina da versión orixinal de Maria | |
Título orixinal | Maria: or, The Wrongs of Woman |
Autor/a | Mary Wollstonecraft |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Tema(s) | Feminismo |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | J. Johnson, G.G. e J. Robinson Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1798 2013 |
Páxinas | 180 |
ISBN | ISBN 978-84-941211-2-8 |
Tradución | María Fe González |
[ editar datos en Wikidata ] |
A novela, tanto filosófica coma gótica, narra a historia dunha muller internada polo seu marido nun hospital psiquiátrico. Céntrase nos «agravios sufridos pola muller» a nivel social máis ca individual, e critica o que Wollstonecraft consideraba como a institución patriarcal do matrimonio na Gran Bretaña do século XVIII e ao sistema legal que a protexía. Con todo, a incapacidade da protagonista para renunciar ás súas fantasías románticas tamén acusa as mulleres de ser propensas a sumirse nun sentimentalismo falso e daniño. A novela foi pioneira na celebración da sexualidade feminina e na identificación entre mulleres de distintas clases. Devanditas temáticas, xunto coa publicación do escandaloso libro de Godwin titulado Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller), que tratou sobre a vida de Wollstonecraft, provocaron que a novela non fose popular na época da súa publicación.
As críticas feministas do século XX analizaron a obra e integrárona na historia da novela e do discurso feminista. A meirande parte das veces catalógalla como unha popularización en formato de ficción de Vindicación dos dereitos da muller, como unha extensión dos argumentos feministas de Wollstonecraft en Vindicación e como unha autobiografía.[3]
Foi traducida ó galego por María Fe González[4] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2013.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.