Vindicación dos dereitos da muller (en inglés: A Vindication of the Rights of Woman), escrita por Mary Wollstonecraft e publicada en 1792, supón unhas das primeiras obras da literatura e filosofía feministas en lingua inglesa. Foi traducida ao galego por María Fe González e publicada en 2004 por Sotelo Blanco.

Datos rápidos Título orixinal, Autor/a ...
Vindicación dos dereitos da muller
Thumb
Primeira edición impresa de Vindicación dos dereitos da muller: crítica acerca de asuntos políticos e morais
Título orixinal'A Vindication of the Rights of Woman
Autor/aMary Wollstonecraft
OrixeReino Unido
Linguainglés
Tema(s)filosofía feminista e Dereitos da muller
Xénero(s)Ensaio
Editorial1792
Data de pub.1792
TraduciónMaría Fe González[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia e características

Wollstonecraft rebate a postura sostida polos teóricos políticos e educativos do século XVIII de que as mulleres non debían ter acceso á educación. Wollstonecraft argumenta que as mulleres deberían recibir unha educación acorde á súa posición na sociedade xa que, segundo a escritora, son esenciais para a nación porque son elas as que educan os fillos e porque poderían ser consideradas non só simples esposas, senón pares dos seus maridos. En lugar de velas como simples elementos decorativos na sociedade ou bens cos que comerciar á hora de acordar un matrimonio, Wollstonecraft mantén que as mulleres son seres humanos que merecen os mesmos dereitos fundamentais ca os varóns.

Wollstonecraft decidiuse a escribir Os dereitos da muller tras ler o informe de 1791 de Charles Maurice de Talleyrand-Périgord para a Asemblea Nacional Constituínte de Francia que sostiña que as mulleres soamente debían recibir educación relacionada co ámbito doméstico. Partindo da crítica a este postulado, a autora desenvolve un ataque máis amplo contra os dobres estándares sexuais e acusa os varóns de promover que as mulleres incorran nunha emotividade excesiva. Os dereitos da muller foi escrito apresuradamente como resposta directa aos eventos que estaban a ter lugar. Wollstonecraft tiña a intención de escribir un segundo volume máis meditado, pero morreu antes de poder completalo.

Aínda que a autora reclama igualdade entre os sexos en áreas específicas da vida, tales como a moralidade, en ningún momento chega a afirmar explicitamente que varóns e mulleres sexan iguais. Esta postura ambigua con respecto á igualdade de sexos fixo que sexa difícil clasificar a Wollstonecraft como unha feminista, especialmente tendo en conta que nin a palabra nin o concepto existían cando ela escribiu a súa obra. A crenza xeral de que Os dereitos da muller foi acollido desfavorablemente é un malentendido moderno, froito da presunción de que Wollstonecraft foi tan vilipendiada durante a súa vida como o chegou a ser despois da publicación de Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman, escrito en 1798 por William Godwin, o seu marido. En realidade, Os dereitos da muller foi ben acollido cando foi publicado por primeira vez en 1792. Un biógrafo coetáneo, por exemplo, referiuse a el como «probablemente o libro máis orixinal do século».[2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.