Especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A margarida común ou margarida europea[1] (Bellis perennis), é unha planta herbácea do xénero das margaridas Bellis, na familia das asteráceas, propia dos pastos de Europa, mais espallada por todo o mundo, moi utilizada mesturada co céspede, pola súa resistencia á sega.
Margarida común | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista xeral da plantiña. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Bellis perennis L., 1753 |
Planta herbácea perenne, ocasionalmente con pequenos rizomas, glabrescentes ou laxamente pubescentes e follas obovado-espatuladas, crenadas ou dentada-arredondadas de 10-60 por 4–20 mm. Escapos sen follas de até 20 cm de altura. As brácteas involucrais teñen pelos pluricelulares máis ou menos abundantes no dorso. As flores hemiliguladas de 5,5-8,5 mm, superan o involucro en 2–5 mm, e teñen un tubo de 0,3-0,8 mm; son brancas, ás veces tinguidas de púrpura; os flósculos, amarelos, teñen 1,5–2 mm. O froito é un aquenio de 1-1,5 por 0,5–1 mm, obovoideo, comprimido, algo peludo, co bordo periférico engrosado; papo ausente.[2]
Nativa de Europa e do Norte de África até Asia Central. Introducida no resto do mundo.[3]
Medra en prados frescos.
Florea e frutifica de outubro a xuño.
Os capítulos florais conteñen taninos (que son derivados poliacetilénicos), saponócitos, aceites esenciais,[4] ácidos orgánicos e saponinas.[5][6] Ademais, contén antoxantina, responsábel da cor amarela.
As partes utilizadas son as follas, raíces e flores, aínda que as raíces son as que se usan con menos frecuencia.
É unha popular menciña contra moitas doenzas e ten unha gran variedade de formas de aplicación. É a herba tradicionalmente utilizada contra as feridas, ampolas, queimaduras e para diminuír inflamacións. As raíces utílizanse no tratamento do escorbuto e eccemas dérmicos. Non se ten descrito toxicidade ningunha para esta especie.
É comestíbel; téñense consumido as follas en ensaladas, habitualmente mesturada con mexacán (Taraxacum officinale) e fiúncho (Foeniculum vulgare).
Bellis perennis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 886 en 1753.[8]
Todos os descritos, unha vintena, son meros sinónimos da especie ou doutras especies de Bellis.
Galego: margarida, margarida común, margarida europea, bonina, belorita, bilorita, ben me quer, parramina, ponmerendas, primachorro[12].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.