astrónoma irlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Margaret Lindsay, Lady Huggins, nada en Londres o 14 de agosto de 1848 e finada en Dublín o 24 de marzo de 1915,[1] de solteira Margaret Lindsay Murray, foi unha investigadora científica e astrónoma británica irlandesa.[2][3][4][5][6][7][8] Xunto co seu marido William Huggins foi unha pioneira no campo da espectroscopia e coautora do Atlas of Representative Stellar Spectra ("Atlas do Espectro Estelar "Representativo") (1899).[9][10]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1848 Dublín, Irlanda |
Morte | 24 de marzo de 1915 (66 anos) Chelsea, Reino Unido |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía, astrofotografia (pt) , fotografía e Espectroscopia |
Lugar de traballo | Irlanda |
Ocupación | astrónoma, fotógrafa, científica, física, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | William Huggins (1875–valor descoñecido) |
Descrito pola fonte | The Palgrave Encyclopedia of Victorian Women's Writing (en) 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
O seu avó ensinoulle a identificar as constelacións, o que a levou a comezar a estudar o ceo con instrumentos caseiros. Construíu o seu propio espectroscopio despois de atopar inspiración nos artigos sobre astronomía da revista Good Words.[11]
Logo o seu interese e as habilidades na espectroscopia levárona a coñecer ao astrónomo William Huggins, con quen casou en 1875.[10] Hai evidencias que indican que ela foi a que instigou o exitoso programa de investigación fotoastronómica do seu marido.[11]
En 1903, compartindo esta honra con Agnes Mary Clerke, foi elixida membro honorario da Royal Astronomical Society, un rango que antes só se concedeu a outras dúas mulleres, Carolina Herschel e Mary Somerville.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.