astrónomo británico From Wikipedia, the free encyclopedia
William Huggins nado en Londres o 7 de febreiro de 1824 e finado o 12 de maio de 1910, foi un astrónomo británico.[1]
Construíu un observatorio privado no número 90 de Tulse Hill, ao sur de Londres, onde realizou un amplo traballo de observación sobre as liñas de absorción e emisión espectral de varios corpos celestes. Foi o primeiro en distinguir entre nebulosas e galaxias, mostrando como algunhas (como Orión) teñen espectros característicos dos gases, mentres que outras, como Andrómeda, teñen espectros característicos das estrelas . Tamén foi o primeiro en intentar medir a velocidade radial das estrelas. Huggins presidiu a Royal Society entre 1900 e 1905.[2]
Casou con Margaret Lindsay Huggins, que foi a súa colaboradora.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.