Mangalia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mangalia é unha cidade portuaria situada na costa romanesa do Mar Negro, ao sueste do condado de Constanţa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Condado | Condado de Constanța | ||||
Capital | Mangalia (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.950 (2021) (513,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 62,26 km² | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Cristian Radu (en) (2012–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 905500 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Piran Porto Viro (pt) Santa Severina (pt) Struga Greenport (en) Fondi (pt) General Toševo (pt) Lavrio (en) Balčik (pt) Banská Bystrica (2006–) | ||||
Páxina web | mangalia.ro |
A colonia milesia chamada Calatis foi fundada a inicios do século V a. C durante o reinado do rei macedonio Amintas III.[1]
A partir do século IX foi coñecida polos turcos como Pangalia, polos romaneses como Tomisovara e polos gregos como Panglicara. Foi un dos portos máis importantes da costa occidental do mar Negro.
Mangalia está situada a 43°49' de latitude norte e a 28°35' de lonxitude leste, cunha elevación aproximada de 10 m. Está emprazada a 44 km ao sur da cidade de Constanţa, ao sur do paralelo 44 Norte, e na mesma latitude que a cidade de Niza. Mangalia é o máis meridional centro de vacacións da costa romanesa do mar Negro.
Mangalia caracterízase por un moderado clima marítimo (cunha media anual de temperatura 11,2 °C), con calorosos veráns (a media de xullo é duns 22 °C) e invernos temperados (a media de xaneiro é de 0,2 °C).[2]
Mangalia ocupa o segundo lugar do país, tras Băile Herculane, con medias de temperaturas invernais sobre 0 °C. A primavera chega pronto pero é fresca e o outono é longo e caloroso.
No verán, a nebulosidade é reducida (uns 25 días soleados ao mes) e a duración da luz solar é de 10-12 horas ao día.
A precipitación anual é baixa (uns 400 mm).
A brisa mariña é forte no verán. Os axentes naturais curativos da auga do mar Negro, a cal ten cloruros, sulfatos, sodio, magnesio, e é hipotónica (15,5 g de mineralización). As augas minerais da primavera son sulfurosas, cloradas, bicarbonatadas, sódicas, cálcicas, mesotermais (21-28 °C) en pártea norte da cidade, no área da praia entre Saturno e Venus, o lodo sulfuroso, rico en minerais, o cal é extraído do lameiro de turba do norte da cidade (desde hai 250 anos) e o clima mariño, rico en aerosois salinos e radiación solar que exercen un estimulante efecto no organismo.
Ten unha longa praia de area fina, desenvolvida para a aerohelioterapia e terapia de ondas, como un alto peirao cun microclima específico onde un pode beneficiarse de inhalacións de aerosois salinos con efectos terapéuticos.
Segundo o censo de 2011 a estrutura étnica de Mangalia era a seguinte:[3]
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.