![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/41/Mac%2526cheese.jpg/640px-Mac%2526cheese.jpg&w=640&q=50)
Macarrón
tipo de pasta alimenticia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os macarróns (do italiano maccheroni, e este do grego: μακαρώνεια, canto mortuorio, comida funeraria.[1] ) son un tipo de pasta alimenticia elaborada con fariña triga, en forma de tubiño pequeno, no que se inclúen tipos con feituras, longuras e grosores diversos[2]. Así atopamos os penne, os ravioli e os cotobelos.[3]
- Cómpre non confundir coa galleta tradicional francesa: macaron.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/41/Mac%26cheese.jpg/640px-Mac%26cheese.jpg)
ELabóranse con auga, fariña triga, e ás veces ovo.
No entanto, existen lugares no que se usa o termo para se referir a calquera tipo de pasta alimenticia, desde espaguetes aos fideos e outras formas usadas nas sopas.[4]
Segundo unha antiga teoría, foi o explorador italiano Marco Polo o que levou o macarrón dende a China até Italia durante o século XIII. Hoxe sábese que as pastas alimenticias xa eran coñecidas en Europa moito antes[5]. (Véxase tamén Historia das pastas alimenticias).
Foi, xunto cos fideos, das primeiras pastas en chegar a Galicia durante o século XX, hoxe son un alimento común en pratos con queixo e tomate, polo, carne etc.