futbolista croata From Wikipedia, the free encyclopedia
Luka Modrić, nado en Zadar o 9 de setembro de 1985, é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Real Madrid CF. Ademais, é internacional na selección de Croacia.
Tras converterse nunha gran promesa no club da súa cidade natal, o NK Zadar, fichou coma adolescente polo GNK Dinamo Zagreb no ano 2002. A súa carreira coma profesional comezou con dúas cesiones ó Zrinjski Mostar e ó Inter Zaprešić.[1]
Nos seus anos no Dinamo Zagreb, gañou tres títulos de liga consecutivos[2] e varias copas domésticas. Modrić foi nomeado Xogador do Ano da Prva HNL en 2007.[3] No ano 2008, fichou polo Tottenham Hotspur da Premier League inglesa, antes de irse ó Real Madrid da Primeira división española no verán de 2012.
Modrić xogou coa selección croata dende 2006, incluíndo participacións no Mundial da FIFA de 2006, e nas Eurocopas de 2008 e de 2012.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.