sufraxista e abolicionista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucy Stone, nada en West Brookfield, Massachusetts o 13 de agosto de 1818 e finada en Boston o 19 de outubro de 1893, foi unha oradora, abolicionista e sufraxista estadounidense especialmente influente na historia dos Estados Unidos do século XIX.[1] Traballou como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude e nas súas clases avogou tanto contra a escravitude como a prol dos dereitos da muller. En 1869 creou a Asociación Americana a prol Sufraxio da Muller.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1818 West Brookfield, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de outubro de 1893 (75 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Cemitério Forest Hills (pt) |
Relixión | Congregacionalismo (pt) |
Educación | Oberlin College (en) Mount Holyoke College (pt) Wilbraham & Monson Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, abolicionista, sufraxista, editora literaria, activista polos dereitos das mulleres, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Henry Browne Blackwell (1855–1909) |
Fillos | Alice Stone Blackwell |
Pai | Francis Stone, Jr. |
Irmáns | William B. Stone |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Lucy Stone) Library of the World's Best Literature (en) Representative Women of New England (en) |
Era a oitava de nove irmáns. Os seus pais foron Hannah Matthews e Francis Stone. Pasou a súa nenez traballando nunha granxa familiar de Coy's Hill en West Brookfield, Massachusetts.
Ó rematar o Bachelor of Arts foi mestra de escola. Ós 21 anos ingresou no College Oberlin en Ohio, a primeira universidade dos Estados Unidos que admitiu alumnos afroamericanos e o ingreso de mulleres, fundada en 1833 por presbiterianos. En 1839, Stone foi a primeira muller de Massachusetts que obtivo un grao académico.
Graduouse en 1847 e empezou a traballar como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude. Nas súas clases denunciaba a escravitude e tamén defendía os dereitos das mulleres.
En 1847, deu o seu primeiro discurso público sobre os dereitos das mulleres "A Provincia da Muller", convidada polo seu irmán Bowman Stone para falar na súa igrexa rompendo as convencións até o momento de que unha muller falase ante unha audiencia mixta.
En 1850, dous anos despois de que se celebrase en Nova York a Convención de Séneca Falls, organizou a primeira Convención Nacional polos dereitos da muller en Worcester, Massachusetts. Alí coñeceu ó que sería o seu marido.
En 1855 casou con Henry B. Blackwell (1825-1909), activista contra a escravitude. Ambos prometeron ter igualdade de dereitos no matrimonio. Un ano despois da voda, en protesta contra as leis discriminatorias Stone decidiu recuperar o seu apelido de solteira, "o meu nome é a miña identidade e non debo perdela" escribiu nunha carta ó seu marido e foi a primeira estadounidense rexistrada que mantivo o seu apelido despois do matrimonio.[3] Henry era irmán de Elizabeth Blackwell, tamén activista dos dereitos da muller e primeira doutora dos Estados Unidos. Lucy e Henry tiveron unha única filla: Alice Stone Blackwell (1857-1950) xornalista, tradutora e tamén activista polos dereitos das mulleres.[4]
En 1861 foi elixida presidenta da Asociación de Mulleres de Nova Jersey e foi confundadora da liga Nacional de Mulleres que promoveu a Décimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos que aboliu a escravitude aprobada en 1865.
En 1869 creou en Boston a Asociación Americana a prol do Sufraxio da Muller (American Woman Suffrage Association) a partir do grupo de reformadores sociais que pensaban que do mesmo xeito que era necesario abolir a escravitude érao tamén defender os dereitos das mulleres. Foi un grupo moderado, menos militante que a Asociación Nacional do Sufraxio da Muller (National Woman Suffrage Association) de Elizabeth Candy Stanton e Susan B. Anthony e só fixo campaña pola consecución do voto feminino sen ocuparse doutras discriminacións que sufrían as mulleres.
Stone e o seu marido fundaron o semanario feminista Diario da Muller onde publicaban os seus discursos e os doutras activistas. Stone falou ante varios corpos lexislativos para promover leis que desen máis dereitos ás mulleres.[5]
Morreu en Boston en 1893, ós 73 anos. Ese mesmo ano aprobouse unha emenda da Constitución dos Estados Unidos que outorgaba nalgúns estados o dereito ó voto feminino.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.