Elizabeth Blackwell

médica norteamericana de orixe inglesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Elizabeth Blackwell
Remove ads

Elizabeth Blackwell, nada en Bristol o 3 de febreiro de 1821 e finada en Hastings o 31 de maio de 1910, foi unha médica inglesa, a primeira muller en practicar a medicina nos tempos modernos.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Thumb
Selo dedicado a Elizabeth Blackewell.
Remove ads

Traxectoria

Foi filla dun empresario refinador de azucre que afrontou dar ós seus numerosos fillos e fillas unha educación. No 1831, a familia emigrou ós Estados Unidos e montou unha refinaría en Nova York. Trala morte do pai, adicouse á ensinanza. Querendo dedicarse á práctica de Medicina, exerceu na casa dun médico, e usou o seu tempo libre no estudo dos libros dos que dispoñía. Participou no movemento anti-escravista.

Blackwell tentou a entrada en varios centros médicos punteiros, e foi rexeitada. Intentouno de novo en centros menos resaltantes, incluído o Geneva College en Nova Yok. Alí foi aceptada – como anécdota, porque a facultade deixou a decisión no voto dos estudantes – e venceu o prexuízo dalgúns profesores e estudantes para completar a súa formación. Foi a primeira da súa promoción. O 23 de xaneiro de 1849, converteuse na primeira muller que obtivo o título para a práctica da Medicina nos Estados Unidos.[2]

Impedida de exercer en varios hospitais, fundou o seu propio hospital, o Hospital de Nova York para mulleres e nenos indixentes (New York Infirmary for Indigent Women and Children) no 1857. Cando comezou a Guerra Civil americana, formou enfermeiras, e no 1868 fundou o Colexio Médico de Mulleres (Women's Medical College at the Infirmary) co fin de formar mulleres en Medicina.[3]

No 1869 deixou a súa irmá Emily ó coidado do Colexio e volveu a Inglaterra. En 1871 axudou a crear a Sociedade Nacional de Saúde, centrada na hixiene e a educación.[4] Logo, abriu o Colexio Médico de Mulleres. Blackwell ensinou na Escola Londiniense de Medicina para Mulleres ( London School of Medicine for Women), creada por un grupo de mulleres liderado por Sophia Jex- Blake [5], desde 1875 ata a súa xubilación en 1907, e converteuse na primeira muller no Rexistro Médico do Reino Unido.[6] Retirouse á idade de 86 anos.

A súa guía de educación sexual, A Educación Moral dos Mozos, foi publicada en Gran Bretaña, así como a súa autobiografía, Traballo Pioneiro na Apertura da Profesión Médica para Mulleres (Pioneer Work in Opening the Medical Profession to Women, 1895).[2] Á súa morte, foi incinerada nun lugar remoto de Escocia.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads