filme de 2002 dirixido por Fernando León de Aranoa From Wikipedia, the free encyclopedia
Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta foi produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo, sendo estreada en 2002. Obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios Premios Mestre Mateo e varios premios Goya. Foi galardoado co Premio Mestre Mateo ó mellor filme na 1ª edición dos premios.
Os luns ó sol | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los lunes al sol |
Director | Fernando León de Aranoa |
Produtor | Elías Querejeta |
Guión | Fernando León de Aranoa Ignacio del Moral |
Intérpretes | Javier Bardem Luís Tosar José Ángel Egido Nieve de Medina |
Música | Lucio Godoy |
Fotografía | Alfredo Fernández Méndez |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Estrea | 27 de setembro de 2002 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3 354 000 € |
Recadación | 9 772 087,24 € (España),[1] 9 832 663 $ (mundial) ~ 10,5 millóns € |
Na rede | |
O escenario desta película é unha cidade costeira de Galiza. Os protagonistas son un grupo de amigos que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
1ª edición | Mellor filme | Elías Querejeta | Gañador |
Mellor actor | Luís Tosar | Gañador | |
Mellor actor secundario | Celso Bugallo | Gañador | |
Mellor actor secundario | José Ángel Egido | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.