Cantante española From Wikipedia, the free encyclopedia
Miriam Doblas Muñoz, nada en Madrid o 1 de abril de 1992, popularmente coñecida como Lola Índigo,[1][2] é unha cantante e bailarina española. O seu primeiro sinxelo "Ya no quiero ná" alcanzou a certificación de dobre disco de platino en decembro de 2018.[3]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miriam Doblas Muñoz Gerardo 1 de abril de 1992 (32 anos) Granada (España) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Lola Índigo i Mimi |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante (2017–), bailarina (2015–), artista discográfico |
Período de actividade | 2017 - |
Xénero artístico | Pop latino e Funk |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Universal Music Spain |
Premios
| |
Páxina web | lolaindigomusic.com |
Miriam Doblas naceu en Madrid na primavera de 1992, pero foi criada dende pequena na localidade granadina de Huétor Tájar, de onde se sente natural.[4][5]
Comezou moi nova no mundo artístico, destacando a súa faceta como bailarina e coreógrafa. Foi profesora de baile e incluso chegou a participar nalgúns musicais. Como bailarina traballou na China e Os Ánxeles xunto a artistas de renome como Chris Brown, Miguel Bosé, Sweet California, Enrique Iglesias, Marta Sánchez e The Baseballs.[4][6]
No ano 2010 participou no talent Fama Revolution de Cuatro.[7]
Coñecida inicialmente como Mimi ou Mimi Doblas, foi a primeira expulsada de Operación Triunfo 2017, concurso emitido en La 1 de Televisión Española en horario de máxima audiencia.[8]
Non foi ata despois do seu paso polo concurso musical cando conseguiu certa popularidade en España, xa co nome de Lola Índigo,[9] tras publicarse en xullo de 2018 o seu primeiro sinxelo, "Ya no quiero ná", que superou os nove millóns de reproducións en Spotify, entrou na lista dos cincuenta temas máis virais do mundo, e o videoclip acumula máis de cincuenta e un millóns de reproducións en YouTube.[10][11] O tema foi definido como unha mestura de estilo trap, feminismo e funk,[8] e ponse en escena cun corpo de baile que forma Mónica Peña, Saydi Lubanzadio, Laura Ruiz e Claudia Riera, todas elas capitaneadas por Lola Índigo e saídas do reality Fama, ¡a bailar! 2018, agás Laura Ruiz.[12]
Ese mesmo ano, formou parte do elenco de concursantes da sétima edición de Tu cara me suena, en Antena 3[13] quedando en cuarto lugar.[14]
En decembro gravou xunto ós seus compañeiros de OT 2017 Aitana, Ana Guerra, Agoney Hernández e Raoul Vázquez, e o rapeiro canario Maikel Delacalle a canción «El mundo entero» para a marca Coca Cola, xunto cun anuncio televisivo.[15]
O 14 do mesmo mes publicou «Borracha (Remix)», canción na que colaborou xunto a Juan Magán e De la Ghetto co cantante Yera.[16] Unha semana máis tarde, o 21 de decembro, lanzou o seu segundo sinxelo, titulado «Mujer bruja», acompañada da cantante Mala Rodríguez.[17]
O 22 de xaneiro de 2019 publicou o sinxelo «Fuerte».[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.