![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Llama_lying_down.jpg/640px-Llama_lying_down.jpg&w=640&q=50)
Llama
From Wikipedia, the free encyclopedia
A llama[1] (Lama glama) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Camelidae. Foi domesticado xa antes do Imperio Inca aínda que tal imperio levou a súa domesticación ao máximo xa que a parte de ser un animal para sacrificios, daba carne, la e era o único animal de tiro (se se exceptúan os cans das zorras innuit ou "esquimós") de toda América antes da chegada dos europeos a finais do século XV, os nativos pobos andinos lograron a actual llama por selección artificial, partindo de exemplares salvaxes de guanaco (Lama guanicoe), do cal, polo tanto, a llama deriva. Segundo recentes estudos de ADN, isto ocorreu, en principio de xeito independente en tempo e espazo, en sectores do sur do Perú, norte de Chile, noroeste da Arxentina ao igual tamén no oeste de Bolivia. Hoxe en día, é un animal abundante na Puna ou Altiplano dos Andes da Arxentina, Bolivia, Chile e o Perú.[2]
Llama | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Llama deitada | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lama glama (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
![]() (segundo Daniel W. Gade) Distribución da llama e alpaca domésticas (segundo Daniel W. Gade) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/Lama3.jpg/640px-Lama3.jpg)