artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Croacia conta con 698 illas, 389 illotes e 78 arrecifes[1], o cal fai do arquipélago croata o segundo máis importante do mar Mediterráneo (despois do grego)[2]. As illas de Croacia teñen en total 4058 km de costa[1].
As illas de Croacia están habitadas desde a Grecia antiga (Hvar xa estaba habitada entre o -3500 e o -2500[3]). Hoxe 47 das 698 illas de Croacia están habitadas, en tanto que nelas reside canto menos unha persoa de forma permanente. Algunhas fontes dan a cifra de 66 illas habitadas[4] pero ese é o número de illas cunha habitación[1], 19 desas illas perderon os seus habitantes en razón da insuficiente actividade económica[5]. As principais actividades económicas nas illas de Croacia son a agricultura (principalmente a viticultura e o cultivo da oliveira), a pesca e o turismo. A economía está relativamente subdesenvolvida e por consecuencia o goberno dá un certo número de axudas e de proteccións grazas ao Zakon o otocima a fin de estimular a economía das illas. Estas axudas inclúen descontos no prezo dos ferris[6] ou no das pontes.
As máis grandes aproximadamente de noroeste a sueste son:
Todas as illas son turísticas hoxe en día.
Hai dúas penínsulas, tamén, Istria e Pelješac
As illas máis grandes, en orde decrecente son:
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.