variedade da lingua árabe usada en Exipto From Wikipedia, the free encyclopedia
O árabe exipcio é unha variedade da lingua árabe usada en Exipto que ten influencias doutros idiomas próximos. A constitución exipcia recoñece o idioma árabe como a lingua oficial de Exipto, sendo falado por case a totalidade dos seus máis de 80 millóns de habitantes.[2]
Árabe exipcio مصري / Maṣrī | ||
---|---|---|
Falado en: | Exipto | |
Total de falantes: | 83 000 000 aprox. | |
Familia: | Afro-asiática | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | arz | |
ISO 639-3: | arz
| |
Mapa | ||
Status | ||
Todos os dialectos árabes coloquiais normalmente só son transmitidos oralmente, sen deixar nada escrito, mais a gran vitalidade do exipcio fai que sexa unha das que máis escritos posúe, especialmente de poesía e teatro. Grazas aos medios audiovisuais modernos, o árabe exipcio é a variedade de árabe máis coñecido do mundo islámico xa que é comprendido, en gran medida, nos países pertencentes ao mundo árabe oriental (Máshreq en árabe), e aínda que ten diferenzas con outros dialectos do Magreb, tamén é xeralmente comprendido.
A gramática do exipcio, como a de todos os dialectos árabes coloquiais, está simplificada en comparación co árabe clásico. Por exemplo, a maioría das vogais de unión omítense, e as formas nominais e verbais do dual substitúense con frecuencia polo plural. En fonoloxía, cinco consoantes cambian a súa pronunciación no exipcio: o dhal soa como dal, zha como dad, yim como o g de gato, qaf como o hamza (ʔ), e tha como ta (véxase alfabeto árabe).
O árabe exipcio ten a súa orixe na zona do Delta do Nilo e no Baixo Exipto, arredor do Cairo. Descende do árabe falado que foi levado a Exipto polos conquistadores musulmáns no século VII, e o seu desenvolvemento histórico viuse moi influenciado polo copto do Exipto pre-islámico e posteriormente por outras linguas como o turco/turco otomán, italiano, francés e o inglés.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.