From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua shan[1] (en escrita shan: လိၵ်ႈတႆး, en birmano: ရှမ်းဘာသာ, en tailandés: ภาษาไทใหญ่) é a lingua nativa do pobo shan, que é falada principalmente no Estado Shan, en Myanmar. Tamén é falada en zonas do Estado Kachin en Myanmar, no norte de Tailandia, e de xeito residual en Assam. O shan é membro da familia tai–kadai, e está relacionada coa lingua tailandesa. Ten cinco tons, que non se corresponden exactamente cos tons tailandeses, máis un "sexto ton" empregado para a énfase. É chamada Tai Yai ou Tai Long en lingua tailandesa.
Shan ၵႂၢမ်းတႆးယႂ် | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [lik.táj] | |
Outros nomes: | Tai Yay | |
Falado en: | Myanmar e Tailandia | |
Rexións: | Estado Shan | |
Total de falantes: | 3,3 millóns (2001) | |
Posición: | 25 | |
Familia: | Tai-kadai Linguas tai Suroeste (Tai) Noroeste Shan | |
Escrita: | Alfabeto birmano (escrita shan) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Myanmar | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | shn | |
ISO 639-3: | shn
| |
Mapa | ||
Status | ||
O número de falantes de shan é descoñecido en parte porque non se sabe o tamaño da poboación shan. En 2001, Patrick Johnstone e Jason Mandryk estimaron en 3,2 millóns os falantes de shan en Myanmar; o Instituto da Lingua e Cultura da Universidade Mahidol estimou o número de falantes shan en Tailandia en 95 000 en 2006.[2] Moitos shan tamén falan dialectos locais así como a lingua dos seus veciños con fins comerciais. Por mor da guerra civil en Myanmar, poucos shan son quen de ler ou escribir en escrita shan, que foi derivado do alfabeto birmano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.