lingua románica estreitamente relacionada co sardo e co corso From Wikipedia, the free encyclopedia
O sassarés (cuxo autoglotónimo é sassaresu ou turritanu; en sardo: tataresu ou tàtaresu) é un lingua italodálmata e unha variedade de transición entre o sardo e o corso.[4][5][6] É considerada unha lingua corso–sarda polas ligazóns históricas de Sassari coa Toscana e a proximidade xeográfica a Córsega. Malia as fortes influencias sardas (en termos de vocabulario e fonoloxía, así como a sintaxe),[7] aínda mantén as súas raíces corsas (e polo tanto toscanas), o que o relaciona directamente co gallurés; este último é considerado lingüísticamente un dialecto do corso malia a súa localización xeográfica, aínda que esta afirmación non está exenta de polémica. Ten moitas semellanzas co italiano, e en particular cos antigos dialectos italianos da Toscana.[4][5][6]
Sassarés Sassaresu | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [sasːaˈrezu] | |
Falado en: | Italia | |
Rexións: | Sardeña | |
Total de falantes: | 100 000 (1999) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italodálmata Toscana Sassarés | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Sardeña [1][2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | sdc
| |
Mapa | ||
Status | ||
O sassarés é falado por preto de 100 000 persoas, sobre unha poboación total da rexión de 175 000, na costa noroeste de Sardeña. As meirandes comunidades falantes de sassarés atópanse en Sassari, Stintino, Sorso e Porto Torres. As variedades sassaresas de transición co gallurés, coñecidas como dialectos castellanesi, poden escoitarse en Castelsardo, Tergu e Sedini.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.