lingua da familia iroquesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua onondaga (cuxo autoglotónimo é Onoñdaʼgegáʼ nigaweñoʼdeñʼ; IPA: [onũdaʔɡeɡáʔ niɡawẽnoʔdẽʔ], literalmente "o onondaga é a nosa lingua") é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo onondaga, un dos pobos orixinarios que constituíron a Liga dos Iroqueses (Haudenosaunee).
Onondaga Onǫdaʼgegáʼ / Onoñdaʼgegáʼ | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América e o Canadá | |
Rexións: | Ontario e Estado de Nova York | |
Total de falantes: | 40 (2007) o seu número está a medrar dende 2010[1] | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do norte Iroqués dos lagos Cinco nacións Onondaga | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ono
| |
Mapa | ||
Status | ||
Esta lingua fálase nos Estados Unidos e no Canadá, principalmente na reserva do centro do estado de Nova York e preto de Brantford, Ontario.
Segundo o Atlas das linguas do mundo en perigo da UNESCO, hai uns 10 falantes nativos de onondaga en Nova York e 40 falantes nativos na Reserva das Seis Nacións en Ontario, no Canadá.[3] A lingua chegou a estar en perigo pola presión do inglés como lingua do poder. Esta visión da lingua tamén se produciu nas escolas residenciais de todo o Canadá entre os anos 1800 e 1900. Os nenos da escola residencial india do Instituto Mohawk de Brantford, Ontario, foron castigados por usar a súa lingua.[4]
O Centro de Linguas da Nación Onondaga (chamado Ne' Eñhadiweñnayeñdeʼnhaʼ, ou "eles coñecerán a lingua") leva a cabo esforzos de revitalización lingüística dende 2010. Os nenos aprenden a lingua onondaga na Onondaga Nation School e tamén hai clases dispoñibles para adultos. En setembro de 2015, anunciouse que quince adultos ingresarían nunha clase de inmersión lingüística a tempo completo en onondaga, despois da cal se converterían en profesores da lingua.[1] No Canadá, Gawęnahwishe' Onǫda'gega' é un proxecto de dinamización que se lanzou en 2017 con seis novos estudantes. É un programa de inmersión para adultos que implementa o marco da Comisión Lingüística das Seis Nacións (SNLC).[5] Están implicados na tradución da estación de radio local, na realización de programas coas escolas primarias e secundarias locais e en eventos de divulgación para a comunidade.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.