lingua morta da familia iroquesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua laurentiana é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo laurentiano. Falouse até finais do século XVI ao longo das beiras do río San Lourenzo nos actuais Quebec e Ontario, no Canadá. Crese que desapareceu coa extinción do pobo iroqués de San Lourenzo, probablemente como resultado da guerra cos mohawk, a nación máis poderosa dos Haudenosaunee ou da Confederación Iroquesa ao sur, na actualidade o estado de Nova York nos Estados Unidos.
Laurentiano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Iroqués de San Lourenzo | |
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | río San Lourenzo | |
Extinción: | finais do século XVI | |
Familia: | Americana Iroqués Laurentiano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | lre
| |
Mapa | ||
Status | ||
En 1545 Jacques Cartier publicou un diario das súas viaxes, incluíndo a primeira lista de palabras laurentianas. A continuación amósanse algúns exemplos (números e partes do corpo humano), escritos por Cartier:
Galego | Laurentiano |
---|---|
un | segada |
dous | tigneny |
tres | asche |
catro | honnacon |
cinco | ouiscon |
cabeza | aggourzy |
ollos | hegata |
orellas | ahontascon |
boca | escahe |
dente | esgougay |
lingua | osvache |
vila | canada |
Unha segunda lista de vocabulario máis curta foi anexa ao seu diario da súa primeira viaxe, que foi publicado moito máis tarde, primeiro en italiano e máis tarde en inglés e francés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.