lingua da familia chibcha falada en Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
O kogui[3] é unha lingua chibcha falada polo pobo kogui que habita na Serra Nevada de Santa Marta. Hai polo menos 7 739 falantes, o 84,37% dos kogui, a maioría deles monolingües.[1] A porcentaxe de alfabetismo é do 18,34%.[1]
Kogui Kággaba | ||
---|---|---|
Falado en: | Colombia | |
Rexións: | Serra Nevada de Santa Marta | |
Total de falantes: | 7 739 (2005)[1] | |
Familia: | Americana Chibcha Arhuaco-chimilla Arhuaco Kogui | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Colombia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | kog | |
ISO 639-3: | kog
| |
Mapa | ||
Status | ||
En xeral, esta lingua emprega a estrutura lingüística suxeito-obxecto-verbo:[4]
Unha oración sen suxeito explícito adquire unha aparencia de obxecto-suxeito-verbo, polo prefixo e persoa do verbo:
A composición das palabras realízase unindo os lexemas con afixos diferentes de clasificación, número, xénero, énfase, tempo, modo e caso. Preséntanse os casos nominativo, alativo, acusativo, dativo, locativo e xenitivo.[3]
A lingua kogui presenta 31 fonemas, 12 vogais e 19 consoantes:[4][5]
Anteriores | Centrais | Posteriores | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
oral | nasal | oral | nasal | oral | nasal | |
Pechadas | i | (ĩ) | ɨ | (ɨ̃) | u | (ũ) |
Medias | e | (ẽ) | (ə) | o | ||
Abertas | a | (ã) |
Para a lingüista Carolina Ortiz a nasalización das vogais é un fenómeno suprasegmental, orixinado na presenza da consoante nasal alveolar /n/, xa que as vogais nasais preséntanse en contextos nasais. Encontra, en poucas palabras, o fonema /o/ e non rexistra /ə/ como fonema.[3]
labiais | alveolares | palatais | velares | glotais | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Oclusivas | xordas | p | t | (c) | k | ʔ |
sonoras | b | d | g | |||
Nasais | m | n | ŋ | |||
Fricativas | xordas | s | ʃ | x | h | |
sonoras | z | ʒ | ||||
lateral | l | |||||
aproximantes | w | j |
Carolina Ortiz inclúe a oclusiva palatal xorda /c/ como fonema.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.