Lingua illada en Siberia From Wikipedia, the free encyclopedia
O keto (ou ket, ou queto), anteriormente coñecido como ienisei ostiak,[4] é unha lingua illada siberiana, a última supervivente da familia de linguas ieniseianas.
Lingua keta Кет язык | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Krai de Krasnoiarsk | |
Total de falantes: | 213 (ano 2010) [1] | |
Familia: | Linguas turcas Linguas turcas siberianas Linguas na-dené Linguas ieniseianas Lingua keta | |
Escrita: | Cirílico | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Pobo keta (cooficial co ruso) | |
Regulado por: | yeni1252 [2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ket
| |
Mapa | ||
Status | ||
Houbo intentos por expertos soviéticos de estableceren unha relación entre a lingua keta e o burushaski, e mesmo coas linguas sino-tibetanas. Pero a maioría dos autores inclúeno na suposta familia das linguas dené-caucasianas.[5]
Hoxe en día hai pouco máis de 200 falantes da lingua keta. Realizáronse esforzos para introducir a lingua nas gardarías e nos colexios. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[1] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües,[6] polo que se teme que desapareza.
O número de compoñentes do pobo keta que teñen como lingua materna este idioma descendeu desde os 1 225 en 1926 até os 537 en 1989 e os 213 en 2010.[1]
Outra lingua pertencente á familia ieniseiana, o yugh, extinguiuse recentemente.
a | ā | æ | b | c̣ | d | e | ē | ə | f | g | h | h̡ | i | ī | j | k | l |
ḷ | m | n | ṇ | ŋ | o | ō | p | q | r | s | ṣ | t | u | ū | v | z̶ | ь |
а | б | в | г | г̡ | д | е | ё | ж | з | и | й | к | ӄ | л | м | н | ӈ | о |
ɵ | п | р | с | т | у | ф | х | ц | ч | ш | щ | ъ | ǝ | ы | ь | э | ю | я |
As primeiras notas sobre o keta (Путешествия по разным провинциям Русского Государства) foron publicadas en 1788 por P. S. Pallas nun dos seus cadernos de viaxes. En 1858, M. A. Castrén publicou o primeiro dicionario keta (Versuch einer jenissei-ostjakischen and kottischen Sprachlehre), que tamén incluía documentación sobre o kot e Castrén foi tamén o primeiro en realizar unha gramática completa da lingua[7]. No século XIX os keta foron erroneamente clasificados como unha tribo fino-ugria do grupo dos khats. O primeiro libro sobre gramática keta (Кетский язык) no século XX publicouno N.K.Karger en 1934.[8][9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.