lingua eslava oriental From Wikipedia, the free encyclopedia
O belaruso ou bielorruso[2] (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995[3] foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.
Belaruso беларуская мова, "biełaruskaja mova" | ||
---|---|---|
Falado en: | Belarús, e partes de Polonia. | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 8 millóns (censo de 2009) | |
Posición: | non está entre as 100 maiores | |
Familia: | Indoeuropea Baltoeslava Eslava Eslava oriental Belaruso | |
Escrita: | Alfabeto cirílico | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Belarús Polonia (falada en 14 condados) | |
Regulado por: | Academia Nacional de Ciencias da Belarús | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | be | |
ISO 639-2: | bel | |
ISO 639-3: | bel
| |
SIL: | RUW
| |
Mapa | ||
Status | ||
Etnicamente, os belarusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dniéper e ao largo do Soz.
Cerca de 3/4 da poboación da Belarús (10 350 000 hab. en 2002) consideran o belaruso a súa lingua nativa. Hai unha minoría considerábel (cerca de 230.000 hab) na rexión de Białystok, no leste da Polonia que ten como primeira lingua o belaruso.
É tamén falado por emigrantes no Canadá, Estados Unidos e países da antiga Unión Soviética
O belaruso forma unha ponte entre o ucraíno e o ruso e os seus dialectos gradualmente mestúranse cos dialectos rusos e ucraínos nas súas fronteiras.
Os dialectos do belaruso divídense en dous ou tres grandes grupos; ambas clasificacións consideran os grupos nororientais e suroccidentais, habendo un terceiro que percorre o país de leste a oeste nunha faixa central. E é este último grupo que se considera como a base da lingua literaria moderna e do belaruso normativo. No extremo suroccidental hai un dialecto especial, o grupo palesio, da rexión da Palesia, que divide certas partes co ucraíno, existindo varias tentativas de elevalo a lingua baixo o nome de palesiano.
Ata o século XVI o belaruso utilizou só o alfabeto cirílico, mais a partir de entón foi introducido o alfabeto latino nunha variante modificada da ortografía polonesa, tamén coñecida como Lacinka. O primeiro xornal publicado, o Nasza Niwa ("O noso trigal"), que comezou a ser impreso en 1906, traía os textos nas dúas formas de escrita: cirílica e latina, reflectindo a división do pobo belaruso entre ortodoxos e católicos. Ocasionalmente, o alfabeto árabe tamén foi usado polos tártaros belarusos para escribir partes do Corán.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.