![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8f/Lianas.jpg/640px-Lianas.jpg&w=640&q=50)
Liana
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha liana[1] é unha planta rubideira de talo moi longo e leñosa que está enraizada no solo a nivel do chan e utiliza as árbores ou outros medios de soporte vertical, para rubir ata o dosel do bosque e acceder á luz.[2] As lianas son características dos bosques tropicais húmidos de frondosas (especialmente o bosque estacional tropical), pero poden encontrarse tamén en bosques chuviosos temperados. Hai tamén lianas de climas temperados, por exemplo os membros do xénero Clematis ou Vitis (vides silvestres). As lianas poden formar pontes entre o dosel do bosque, facilitando a locomoción arbórea dos animais como se fosen camiños polo alto das árbores. Estas pontes poden protexer as árbores febles dos ventos fortes, xa que son sostidas por outras árbores máis rexas. Outras lianas poden impedir o crecemento das árbores, que acaban morrendo. As lianas compiten coas árbores do bosque pola luz do sol, a auga e os nutrientes do solo.[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8f/Lianas.jpg/640px-Lianas.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Lianas_Udawattakele.jpg/640px-Lianas_Udawattakele.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Monkey_Ladder_Vine_canopy.jpg/640px-Monkey_Ladder_Vine_canopy.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/LianaIndia.jpg/320px-LianaIndia.jpg)
O termo "liana" non é un agrupamento taxonómico,senón que describe un tipo de crecemento que presentan algunhas especies, similar a dicir para outras especies "árbore" ou "arbusto". Poden encontrarse lianas en moitas familias de plantas. Unha maneira de distinguir as lianas das árbores e dos arbustos está baseada na rixidez, concretamente no módulo de Young de varias partes do tronco. As árbores e arbustos teñen ramiñas novas e ramas pequenas que son bastante flexibles e ramas vellas e troncos que son duras. Unha liana adoita ter crecementos novos ríxidos e os máis vellos con crecemento máis flexible na base do talo.[4]